Autorización Extraescolares Inglés con Nottingham

Lembramos a todas as familias con nenos que vaian acudir á actividade extraescolar de inglés con Nottingham, deben enviar por email o documento indicando as persoas autorizadas para a recollida dos alumnos.

As profesoras non coñecen a pais, nais, avós… Polo que nesta autorización deben estar incluídos todos eles.

Hai que envialo ás seguintes direccións de correo electrónico: admin@nottinghamenglish.com; nottinghamacademy@outlook.com

Débese achegar tamén a fotocopia do DNI das persoas autorizadas.

Por favor, dentro do posible intentade facelo entre hoxe e mañán, xa que a actividade dará comezo o próximo luns.