Campamentos de verán 2020 (Concello da Coruña)

Condicións de participación

  • Preinscrición: 27, 28 e 29 de maio
  • Listas de preinscritas/os: 30 de maio ás 10.00 h, nas webs municipais e 010
  • Posibles reclamacións das listas de preinscritas/os: 30 e 31 de maio e 1 de xuño
  • Sorteo: 3 de xuño. Consultar en cada centro o seu horario.
  • Listas de persoas admitidas e de espera: 9 de xuño ás 10.00 h, nas webs municipais e 010
  • Inscrición e aboamento da cota: 10, 11 e 12 de xuño
  • Xestión das listas de espera: do 13 ao 19 de xuño
  • Inicio dos campamentos: a partir do 22 de xuño ou 1 de xullo, en función de modalidades e espazos, segundo a oferta específica de cada servizo.
  • A preinscrición será telemática e facilitarase axuda telefónica a través do 010. Formación de grupos de máximo 15 participantes, sempre en cumprimento das medidas que as organizacións responsables das actividades de lecer educativo xuvenil deberán implementar con carácter xeral, ademais de aplicar as prescritas polo Ministerio de Sanidade.
  • Terán preferencia as/os empadroadas/os no Concello da Coruña e aquelas/es cuxos proxenitores estean ambos traballando ou teletraballando e no caso de familias monoparentais.

Prevención da COVID-19

Control e prevención da transmisión da COVID-19

  • Valorarase pormenorizadamente a posibilidade de participación. Non se permitirá a participación de persoas que pertenzan a grupos de risco, ou que convivan con grupos de risco: diabetes, enfermidade cardiovascular, incluída a hipertensión, enfermidade pulmonar crónica, inmunodeficiencia, cancro en fase de tratamento activo.
  • Estableceranse medidas para a protección específica de todos os grupos vulnerables e de risco social en función das súas necesidades específicas.
  • En todos os casos garantirase o cumprimento de protocolos de seguridade (medidas persoais de hixiene e prevención obrigatorias); así como a intensificación das tarefas de limpeza e desinfección dos espazos e materiais.
  • Os/as educadores/as e as direccións dos campamentos velarán pola seguridade da actividade mediante o control diario da declaración de saúde de cada participante á entrada nas instalacións, o adecuado cumprimento de todos os protocolos e normas de seguridade establecidos; e, se fose necesario, o control da temperatura dos/as participantes.
  • Os/as pais/nais ou titores/as dos/as participantes deberán responsabilizarse da súa situación particular fronte á COVID-19, de tal forma que se alguén presenta sintomatoloxía asociada coa COVID-19 non acudirá e contactará co/a educador/a responsable da súa actividade.