O pasado 3 de febreiro, varias integrantes da directiva da ANPA do CEIP Sal Lence reuníronse coa Marea Atlática no Concello da Coruña, para expoñerlles as melloras que consideramos necesarias para o centro escolar e o seu entorno.
Este grupo político levará as reclamacións da ANPA ao próximo pleno municipal.
Ademais, a devandita reunión tamén tivo repercusión na prensa:
https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2023/02/09/marea-reclamara-pleno-concello-repare-82697815.html
Anteriormente tivemos reunións co Partido Popular e coa Concellería de Educación da Coruña, que tamén visitou o centro escolar. Seguiremos en contacto con todos os grupos políticos con presenza no Concello da Coruña e na Xunta de Galicia, tanto no goberno coma na oposición, para conseguir que o colexio estea canto antes nas condicións que as nosas familias merecen.