INFORMACIÓN – EQUIPO COVID CEIP SAL LENCE

Os dejamos una publicación del Equipo COVID en la web del Cole :

Fuente: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsallence/node/1136

Informamos para a súa tranquilidade que, cos datos de que dispoñemos a día de hoxe, o alumnado e profesorado non está a vir ao colexio cando calquera membro da unidade familiar se atopa á espera de PCR ou ata que o resultado da mesma é negativo.

Pedímosvos que sigades colaborando con nós na prevención de posibles contaxios co control diario de síntomas antes de vir ao colexio; a prudencia á hora de decidir si os vosos fillos/as quedan ou non na casa cando existe a posibilidade de que estiveran en contacto estreito cun positivo; a comunicación cos titores/as e coordinadora Covid informando das posibles incidencias; co cumprimento prudente das indicacións sanitarias á hora de decidir a incorporación ás clases despois dun confinamento; a axilidade á hora de recoller aos vosos fillos/as, evitando os agrupamentos con outros pais/nais.

Agradecemos as medidas preventivas das familias que xunto ás tomadas polo centro complementan a protección da Comunidade Educativa.

Equipo Covid

ED550A – Reserva de plaza, cambio de un centro a otro al que se está adscrito. Plazo 11/01/2021 al 08/02/2021

O próximo día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

Aplicación de xestión das solicitudes de reserva para centros adscritos  e admisión para alumnos de Educación Infantil, Primaria, Ensinanza Secundaria Obrigatoria e Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos.

Solicitude de Reserva: Próxima apertura: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro

Información sobre el trámite:

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550A

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsallence/node/1135

Para presentar unha solicitude deberá seguir algunha das opción descritas a continuación:

  1. Cubrir a solicitude informáticamente e presentala asinada de xeito manual no centro:
    Para presentar a solicitude presencialmente no centro deberá entrara seleccionar a opción de menú “Solicitudes–> Reserva –> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que deberá cubrir os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e poderá descargala para asinar e presentar no centro.
  2. Cubrir a solicitude informáticamente e asinala en Sede Electrónica
    Para presentar a solicitude a través da Sede Electrónica deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave 365 ou con certificado dixital, para elo deberá premer na icona verde que se atopa arriba a dereita . Posteriormente deberá seleccionar a opción de menú “Solicitudes–> Reserva –> Crear”. Deseguido aparecerá unha pantalla con lapelas na que ten que indicar os datos necesarios, tales como datos persoais e de contacto, os datos académicos e autorizacións. Despois de cubrir a información descrita, accederase á lapela “Confirmar solicitude”. Nesta lapela poderá confirmar os datos que indicou premendo no botón “Confirmar” e posteriormente premendo no botón «Firmar e presentar en Sede Electrónica», poderá firmar a solicitude dixitalmente, quedando como presentada no centro, sempre que o proceso de firma remate correctamente.

    IMPORTANTEDebe achegar, na Sede Electrónica da Xunta de Galicia o anexo II bis dixitalizado (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR, ultima páxina da solicitude que pode visualiar e descargar nesta aplicación).

    Debe achegar escaneada toda a documentación pertinente á hora de presentar solicitude.
     
  3. Cubrir a solicitude manualmente e presentala asinada presencialmente no centro
    Se non desexa cubrir a solicitude dixitalmente pode facelo de xeito manual descargando dende os seguintes enlaces os documentos, cubrilos e presentalos firmados no centro.

Actualización Enquisa de autoavaliación

Os dejamos una actualziación de la encuesta que debe realziarse cada día:

Toda la inforamción puede encontrarse en el sigueinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

Os recordamos que, tal como se recoge en la web antes indicada:

O alumnado (e de ser o caso os seus pais/titores legais) deberán realizar unha autoavaliación diaria, seguindo unha breve enquisa clínico-epidemiolóxica que debe realizarse cada día, antes da chegada ao centro.

O resultado da enquisa NON ten que comunicarse cada día aos centros educativos, senón que o afectado debera seguir o protocolo oportuno en caso de detectar síntomas.

Protocolo a seguir polo alumno (ou pais/titores legais) en caso de detectar un ou máis síntomas:

* Non acudir ao centro educativo.
* Comunicar os síntomas ao servizo sanitario de referencia.
* Comunicar ao centro, que informará ao Equipo Covid, a ausencia do alumno (non é necesario certificado médico, so xustificante dos pais)
* De forma preventiva, debe manterse ao alumno en illamento domiciliario, ata que os facultativos dean as indicacións oportunas.

https://www.edu.xunta.gal/portal/medidas-coronavirus

ANEXO V: MODELO DE DOCUMENTO “PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020-2021”

Para conocimiento de la comunidad educativa, es dejamos en el sigueinte enlace el DOCUMENTO “PLAN DE ADAPTACIÓN Á SITUACIÓN COVID 19 NO CURSO 2020-2021” elaborado por la dirección del colegio y publicado en su página web.

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsallence/system/files/Modelo_Anexo_V._Plan_adaptacion_ao_contexto_Covid%20definitivo_0.pdf
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsallence/

Comezo de curso 2020-2021

Os dejamos aqui la información que se acaba de publicar en la web del colegio:

Fuente: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsallence/node/1108

Os días 10 e 11 de setembro terá lugar o comezo de curso.

O xoves día 10 comezan:

  • de Educación Infantil (3 anos), Período de adaptación. Entrada e saída por rúa Boavista.
  • 5º de Educación Infantil (4 anos), de 9:05 a 13:45 horas. Entrada e saída por rúa Boavista.
  • 1º de Educación Primaria, de 8:55 a 13:50 horas. Entrada e saída por rúa Boavista.
  • 2º de Educación Primaria, de 8:55 a 13:55 horas. Entrada e saída por rúa Boavista.
  • 3º de Educación Primaria, de 9:00 a 13:55 horas. Entrada e saída por porta principal de avenida de Oza.

O venres día 11 comezan:

  • 6º de Educación Infantil (5 anos), de 9:00 a 13:45 horas. Entrada e saída por rúa Boavista.
  • 4º de Educación Primaria, de 8:55 a 13:50 horas. Entrada e saída por porta principal de avenida de Oza.
  • 5º de Educación Primaria, de 9:00 a 14:00 horas. Entrada e saída por porta secundaria (con escaleiras) de avenida de Oza.
  • 6º de Educación Primaria, de 8:55 a 13:55 horas. Entrada e saída por porta secundaria (con escaleiras) de avenida de Oza.

Reunión profesorado – familias

Actualización:

Debido ás limitacións de aforo impostas pola Xunta de Galicia na área sanitaria da Coruña, suspéndense as reunións presenciais do profesorado coas familias hasta novo aviso.

Os dejamos a continuación la siguiente información publicada en la web del colegio:

«Nos próximos días terán lugar as seguintes reunións do profesorado coas familias (só pode asistir unha persoa por familia).
Lugar: patio de columnas, entrada por avenida de Oza.
* 4º de Educación Infantil (3 anos): venres 4 ás 11 horas.
* 5º de Educación Infantil (4 anos): mércores 9 ás 11 horas.
* 6º de Educación Infantil (5 anos): xoves 10 ás 17 horas,
* 1º de Educación Primaria: martes 8 ás 11 horas.
* 2º de Educación Primaria: luns 7 ás 17 horas.»

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsallence/node/1107

Devolución y recogida de libros 3, 4, 5 y 6 de primaria

Os dejamos aquí la información publicada en la web del cole para la devolución y recogida de material de los niños de primaria

Devolución por parte do alumnado dos libros de préstamo do curso actual.

Alumnado de 6º EPLuns 8 de xuñoDe 10:00 h a 13:00 h
Alumnado de 5º EPMartes 9 de xuñoDe 10:00 h a 13:00 h
Alumnado de 4º EPMércores 10 de xuñoDe 10:00 h a 13:00 h
Alumnado de 3º EPXoves 11 de xuñoDe 10:00 h a 13:00 h

Recollida de libros e material propiedade do alumnado.

Alumnado de 6º EPLuns 15 de xuñoDe 10:00 h a 13:00 h
Alumnado de 5º EPMartes 16 de xuñoDe 10:00 h a 13:00 h
Alumnado de 4º EPMércores 17 de xuñoDe 10:00 h a 13:00 h
Alumnado de 3º EPXoves 18 de xuñoDe 10:00 h a 13:00 h

Entrega de orla 6º EP , venres 19 de xuño, de 10:00h a 12:00h

O alumnado que non veña a recoller os seus libros na data asignada, entendarase que o deixa para  axuda ao fondo de  libros.

Fondo solidario de libros e axudas para libros e material escolar

ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

¿A quen vai dirixido?

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

  • Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
  • Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
  • Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

Presentación

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ( 20 de maio ) e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído.

Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

  • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

Recollida de material do alumnado.

O alumnado de Infantil de 3 anos que desexe recoller o seu material pode facelo o martes 12 de maio de 10:00 h a 13:00h 

O alumnado de Infantil de 4 anos que desexe recoller o seu material pode facelo o mércores 13 de maio de 10:00 h a 13:00h .

O alumnado de Infantil de 5 anos que desexe recoller o seu material pode facelo o xoves 14 de maio de 10:00 h a 13:00h.

O alumnado de 1º E. Primaria que desexe recoller o seu material pode facelo o venres 15 de maio de 10:00 h a 13:00h .

O alumnado de 2º E. Primaria que desexe recoller o seu material pode facelo o luns 18 de maio de 10:00 h a 13:00h

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsallence/

Admisión de alumnado curso 2020/2021 y otros trámites de secretaría

A partir del lunes 11/05 la secretaría del colegio abrirá en el horario de 10:00 a 12:00.

El período de admisión esta abierto del lunes 11/05 al lunes 18/05.

Este horario es exclusivamente para temas relacionados con la secretaría. El colegio informará más adelante la forma en la cual se pueda pasar recoger el material que los niños tienen en el cole.