Con Cilia no cole: O programa de conciliación no verán da Federación de ANPAS de centros públicos da Coruña

Esta proposta é semellante aos Campacoles de edicións anteriores, para as familias que xustifiquen a necesidade de conciliar

A Federación Provincial de ANPAS, conxuntamente co Concello da Coruña, co fin de dar resposta ás necesidades de conciliación das familias, oferta unha proposta de actividades multidisciplinares para este período vacacional. A estrutura é semellante aos Campacoles de edicións anteriores, pero neste caso exclusivamente para as familias (ambos proxenitores ou familias monoparentais) que xustifiquen a necesidade de conciliar, xa que este é o eixo principal desta proposta.

Toda a información de Con Cilia no cole

​Tríptico de información Con Cilia no cole : datas, horarios e servizos, prazos de inscrición, cotas…

A inscrición realízase a través deste Formulario de inscrición

Consulta toda a oferta municipal de Campamentos de Verán 2020.

https://www.coruna.gal/educacion/gl/programas/actualidade/ultimas-novas/detalle-noticia/con-cilia-no-cole-o-programa-de-conciliacion-no-veran-da-federacion-de-anpas-de-centros-publicos-da/suceso/1453730972188