Federación Provincial de ANPAS – Solicitud de información

Os dejamos un correo recibido de la Federación de ANPAs de Centros Públicos da Provincia da Coruña solicitando información para organizar las actividades del próximo curso:

Estamos a organizar a oferta de actividades que se van a ofertar para o próximo curso, e por iso rogámosvos encarecidamente que fagades chegar ás familias, polos medios que dispoñades (páxina web, blog, email, redes sociais..) o formulario que aparece no link . A nosa finalidade é recoller a maior información posible para coñecer as necesidades reais de cada Centro en canto a días de maior número de usuarios, as franxas horarias con máis demanda, etc, e poder así facervos unha oferta de actividades extraescolares máis concreta e adaptada á realidade que se mostre no voso colexio; sempre coa finalidade de chegar ao maior número de escolares e que a  oferta sexa lúdica e educativa.

https://forms.gle/RWDKJZuQUhksXc6YA

Moitas grazas. Un saúdo

Federación Prov. ANPAS

A Coruña