Festa Entroido

Lembrámosvos que mañá venres 17, de 16:00 a 18:00, terá lugar a festa de entroido. Debido a que a previsión metereolóxica é favorable e hai un grande número de inscritos, a festa terá lugar finalmente no patio exterior. Os nenos que van a comedor non poderán pasar directamente á festa, senón que será necesario recollelos antes da 15:45 e entrar pola porta da Rúa Buenavista.

Contaremos con diversos xogos e actividades novos para amenizar a festa.

Durante a festa, venderanse rifas para o sorteo de varios xoguetes, libros e unha cesta con produtos gastronómicos típicos de entroido.

Os nenos deberán permanecer acompañados dun adulto responsable durante toda a festa.

Non haberá actividades extraescolares.