Festa Nadal

Será o xoves 22 de decembro de 2022, de 16:00 a 18:00, no patio de columnas. A entrada realizarase pola Avenida de Oza (porta do lado do comedor).

Só poderán acudir á festa alumnos do centro e os seus irmáns e familiares; non estará aberta a nenos doutros centros. Para acceder será necesario cumprimentar, entre o 1 e o 11 de decembro, o seguinte formulario: http://bit.ly/3UQwzRj

O custo será de 1€ por neno non socio (aboarase na entrada) e gratis para nenos socios. Os nenos terán merenda gratis.

Haberá sorteo de xoguetes e dunha cesta de Nadal, coa colaboración de establecementos do barrio. Para participar no sorteo, haberá rifas de 1€ á venda.

Os rapaces de 6º de Educación Primaria terán postos dentro da festa, para recadar cartos para a viaxe de fin de curso.

O día da festa NON haberá actividades extraescolares.

Os nenos que van a comedor NON poderán acceder directamente á festa. Ten que acudir un adulto responsable a recollelos como tarde ás 15:45 e permanecer con eles durante toda a festa.

O acceso farase pola Avenida de Oza (porta do lado do comedor) a partir das 16:00.

Os cativos participantes no concurso de postais poderán recollelas durante a festa, e entregaráselles un detalle.

Ese día non haberá judo, mais manterase a clase de inglés se algunha familia así o desexa. Porase en contacto coas familias a academia Nottingham.

*Pedimos ás familias que poidan, que leven rolos de papel hixiénico baleiros para realizar manualidades.