O martes 2 de maio é non lectivo e por tanto non abrirá o centro escolar, tampouco o luns 1 de maio por ser festivo (Día do traballo). A actividade normal voltará o mércores 3 de maio.
Remata inscrición bolsas comedor 23/24
Lembramos que o próximo mércores día 12 de abril é o último día para solicitar as bolsas comedor.
Tedes aquí toda a información:
Novedades desayuno
Adjuntamos a continuación las novedades que implantará Jardanay en sus desayuno, a partir del tercer trimestre, buscando la implantación de hábitos saludables desde la infancia.
Bolsas comedor 2023/2024
O Concello da Coruña convoca axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar no curso escolar 2023/2024 destinadas ao alumnado empadroado no Concello da Coruña.
A QUEN VAI DIRIXIDO:
Para público en xeral
INSCRICIÓNS:
Dende o 13/03/2023 ata o 12/04/2023
DURACIÓN:
Esta convocatoria comprenderá o período lectivo do curso escolar 2023/2024, así como os períodos non lectivos de Nadal 2023 e verán do 2024
REQUISITOS:
- Alumnado dos centros escolares nos que imparta segundo ciclo de educación infantil, primaria, ensino secundario obrigatorio, bacharelato e formación profesional, así como dos centros de educación especial sostidos total ou parcialmente con fondos públicos, sempre que estean localizados no termo municipal da Coruña e sexan autorizados pola Consellería competente para a prestación do servizo de comedor escolar
- Ter asignada unha das prazas dispoñibles para a prestación do servizo de comedor de maneira presencial nun centro escolar do termo municipal
- Dispoñer de DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido
- Estar empadroado/a no Concello da Coruña.
- Matrícula, ou solicitude de matrícula dentro do prazo establecido pola Consellería competente, nun centro educativo do termo municipal da Coruña que conte con servizo de comedor autorizado
- Non superar os 8.000 € anuais de ingresos per cápita no exercicio económico 2021, salvo no caso de unidades familiares nas que exista unha persoa perceptora de renda social municipal (RSM), ingreso mínimo vital (IMV) ou renda de inclusión social de Galicia (RISGA). Non se esixirá este requisito no caso de menores en réxime de acollemento familiar, que estean tutelados por unha institución pública ou familiar ou que formen parte dun programa de inclusión e transición á vida autónoma da rede municipal de acollida.
- Atoparse ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social
REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:
- A contía da bolsa cubrirá a totalidade do custo do servizo do comedor nos centros públicos de segundo ciclo de educación infantil e primaria (CEIP), nos institutos de ensino secundario (IES) e de formación profesional ou nos centros de educación especial sostidos total ou parcialmente con fondos públicos (CEE).
- No caso dos centros privados e/o concertados, a contía da axuda de comedor será de 80€/mes como norma xeral. Este importe poderá incrementarse ata 98 €/mes nos seguintes casos:
- – A proposta do persoal técnico dos servizos sociais municipais mediante informe que así o xustifique.
- – No caso de persoas beneficiarias tuteladas por unha institución pública, que se achen en réxime de acollemento familiar ou menores que formen parte dun programa de inclusión e transición á vida autónoma da rede municipal de acollida.
PÁXINA WEB:
www.coruna.gal/servizossociais
CONTACTO:
– Concello da Coruña
Tel.: 010 / 981 184 200
– Rede de Centros Cívicos Municipais
Publicación:
BOP 07/03/2023 (extracto da convocatoria)
Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif): 679136
Publicación Concello A Coruña aquí
Consertasso na Horta
Este venres 10 de marzo celebrarase o ansiado Consertasso na Horta.
Os asistentes poderán entrar a partir das 16:00 pola porta da rúa Buenavista (lembrade que era necesario facer a inscrición ata o 3 de marzo).
O día do concerto non se anularán as actividades extraescolares e non será necesario recoller aos nenos que están inscritos a Proxectos, xa que o concerto formará parte da actividade dese día e estarán ao coidado das monitoras. Os nenos que non están en Proxectos si deben recollerse antes das 15:45 (como calquera venres) e acudir ao concerto acompañados dun adulto responsable.
Aquí podedes botar un ollo a o que nos agarda o venres…
E o máis importante… Acordádevos de traer as ganas de pasalo ben.
Mañá último día para apuntarse a Brais das Hortas
Lembrámosvos que mañá venres 3 de marzo remata o prazo de inscrición para o Consertasso na Horta do venres 10. Os nenos e nenas que non estean apuntados e apuntadas, non poderán asistir ao concerto.
Solicitude de Admisión: curso 23/24
Compartimos esta publicación que fai na súa páxina web o CEIP Sal Lence sobre a admisión de novos alumnos no vindeiro curso escolar: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsallence/node/1230
Reserva admisión curso 2023/2024 no IES Monte das Moas
Todos os alumnos/as que presentaron as solicitudes de reserva admisión para o vindeiro curso 2023/2024 no IES Monte das Moas, ESTÁN ADMITIDOS. Lembren a formalización de matrícula no mes de xuño no Instituto.
Novedades uniforme
Nos comunica la empresa Darcos, proveedora de uniformes para el Sal Lence, que ya están disponibles los chándals con dos bordados (frente y espalda).
Además, nos comunican que, hasta el 31 de marzo, por compras superiores a 50€ regalan una camiseta.
Os recordamos que la reserva puede hacerse por teléfono (981 13 99 97) o mediante el siguiente enlace https://www.darcosz.es/sal-lence.html
Caldo de gloria
Facémosvos chegar a continuación un comunicado de Jardanay sobre o menú de hoxe:
Escribímosvos para comentarvos que hoxe xoves día 23 de febreiro desde Jardanay imos conmemorar o nacemento de Rosalía de Castro, unha muller referente para a nosa terra e a nosa literatura, con varias actividades nos nosos comedores.
Por unha banda, unímonos á iniciativa “Caldo de Gloria”, posta en marcha pola Fundacion Rosalía de Castro, que promove que establecementos de restauración, xa sexan restaurantes ou comedores colectivos como os nosos e vosos, homenaxeen á autora servindo o caldo galego que ela mesma describiu no seu poema “Miña casiña meu lar”, incluído no libro Follas Novas.
Trátase dun poema precioso, no que unha muller de poucos recursos narra un momento difícil da súa vida diaria, cando chega a casa con fame e frío e, a pesar de que non ten case nada para comer e de non poder contar con axuda dos seus veciños, consegue prepararse un humilde caldo de gloria e un bolo de pote que lle reconforta enormemente. Con algo tan sinxelo, Rosalía consegue reflectir como só ela sabe a capacidade do ser humano de sobrevivir e de ser feliz sen ter demasiado, tan só cun prato humilde e a calor do fogar.
É por isto que hoxe xoves 23 de febreiro, en todos os comedores de Jardanay e servizos que damos incluiremos o “Caldo de Gloria” no noso menú, que no noso caso prepararemos con repolo como verdura. Serán unhas 7.500 racións de caldo en total 🙂 O resto do menú mantense sen cambios con relación ao planificado.
No seguinte link (https://rosalia.gal/que-facemos/proxectos/caldo-de-gloria/) podedes ampliar información sobre o “Caldo de Gloria” da Fundación. Como parte do proxecto, repartiremos entre os/as comensais os manteis conmemorativos da iniciativa, onde poderemos ler o poema enteiro.
Nos comedores escolares completaremos o día explicando aos nenos e nenas a iniciativa e como unha receita tan sinxela e típica de Galicia converteuse en poema. Tamén poñeremos en marcha a actividade “As miñas receitas favoritas”, no que o alumnado poderá aprender sobre ingredientes, alimentos, preparacións e tamén sobre o poder da alimentación tanto para a saúde como para o corazón.
Esperamos que pasedes un día estupendo e que dediquedes polo menos uns minutos a dona Rosalía. E se é tomando o noso Caldo de Gloria, pois moito mellor!