Desde a Consellería de Deportes do Concello da Coruña infórmannos do inicio do Programa de Natación Escolar en centros educativos públicos.
1. A Campaña de Natación Escolar, organizada polo Servizo municipal de Deportes, vai dirixida exclusivamente aos escolares do 2º ciclo de Ed. Primaria (3º e 4º curso) de Centros Públicos.
2. O número de prazas ofertadas é de dez.
3. A campaña levarase a cabo na Piscina de San Diego os xoves de 16:45 a 17:30 (recollida no Sal Lence 16:25, entrega 17:50)
4. O Servicio Municipal de Deportes, comunica que tentarase manter o horario indicado, podendo haber modificacións segundo as variacións que se poidan producir na matriculación do alumnado.
5. Tomarase o centro educativo como referencia para a recollida e entrega dos escolares ás familias. Para que se poida levar a cabo a actividade terase que facer responsable dos escolares un ou varios dos pais que leven ós seus fillos á actividade.
6. O custo por alumno é de 53,47€. Esta cota inclúe o traslado dende o centro e a cobertura sanitaria.
7. O prazo de inscrición para os escolares comeza o 12 e remata o 23 de setembro.
8. A inscrición e pago poderase realizar por orden de chegada, entregando a folla de inscrición debidamente cuberta nas oficinas do C.D.M. de San Diego. Achegarase tamén:
- Copia do DNI do neno e, se non a tivese, copia do Libro de Familia.
- Copia do DNI do pai ou nai
9. A data prevista de comezo será o 3 de outubro.