Programa Municipal de Natación Escolar 2022/23

Desde a Consellería de Deportes do Concello da Coruña infórmannos do inicio do Programa de Natación Escolar en centros educativos públicos.

1. A Campaña de Natación Escolar, organizada polo Servizo municipal de Deportes, vai dirixida exclusivamente aos escolares do 2º ciclo de Ed. Primaria (3º e 4º curso) de Centros Públicos.

2. O número de prazas ofertadas é de dez.

3. A campaña levarase a cabo na Piscina de San Diego os xoves de 16:45 a 17:30 (recollida no Sal Lence 16:25, entrega 17:50)

4. O Servicio Municipal de Deportes, comunica que tentarase manter o horario indicado, podendo haber modificacións segundo as variacións que se poidan producir na matriculación do alumnado.

5. Tomarase o centro educativo como referencia para a recollida e entrega dos escolares ás familias. Para que se poida levar a cabo a actividade terase que facer responsable dos escolares un ou varios dos pais que leven ós seus fillos á actividade.

6. O custo por alumno é de 53,47€. Esta cota inclúe o traslado dende o centro e a cobertura sanitaria.

7. O prazo de inscrición para os escolares comeza o 12 e remata o 23 de setembro.

8. A inscrición e pago poderase realizar por orden de chegada, entregando a folla de inscrición debidamente cuberta nas oficinas do C.D.M. de San Diego. Achegarase tamén:

  • Copia do DNI do neno e, se non a tivese, copia do Libro de Familia.
  • Copia do DNI do pai ou nai

9. A data prevista de comezo será o 3 de outubro.