INFORMACIÓN – EQUIPO COVID CEIP SAL LENCE

Os dejamos una publicación del Equipo COVID en la web del Cole :

Fuente: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsallence/node/1136

Informamos para a súa tranquilidade que, cos datos de que dispoñemos a día de hoxe, o alumnado e profesorado non está a vir ao colexio cando calquera membro da unidade familiar se atopa á espera de PCR ou ata que o resultado da mesma é negativo.

Pedímosvos que sigades colaborando con nós na prevención de posibles contaxios co control diario de síntomas antes de vir ao colexio; a prudencia á hora de decidir si os vosos fillos/as quedan ou non na casa cando existe a posibilidade de que estiveran en contacto estreito cun positivo; a comunicación cos titores/as e coordinadora Covid informando das posibles incidencias; co cumprimento prudente das indicacións sanitarias á hora de decidir a incorporación ás clases despois dun confinamento; a axilidade á hora de recoller aos vosos fillos/as, evitando os agrupamentos con outros pais/nais.

Agradecemos as medidas preventivas das familias que xunto ás tomadas polo centro complementan a protección da Comunidade Educativa.

Equipo Covid