Inscrición Cóxegas xuño 2023 ata o 7 de maio

A Federación de ANPAs volve ofertar o programa de conciliación CÓXEGAS que se desenvolverá no mes de desde o xoves día 1 ate o mércores 21 de xuño, de luns a venres, en horario de 16 a 17 ou de 16 a 18h, segundo demanda.

PRAZO DE INSCRICIÓN: Do 3 ao 7 de maio en www.fedapascoruna.org/inscripciones

DESTINATARIOS DO PROGRAMA. Escolares de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, matriculados en colexios públicos do concello de A Coruña.

RATIO. Mínimo 10 escolares por tramo de idade para formar grupo. A partir de 20, desdoblarase o grupo.

HORARIO. De luns a venres, das 16:00 as 18:00 h.

O horario de asistencia neste programa será o elixido por cada participante no formulario de inscrición.

Neste programa non se contempla a posibilidade da entrada á actividade ás 17:00.h aínda que sí se podería sair a dita hora sempre e cando o participante teña marcada a opción de 16 a 17h. na inscrición.

CUSTO DO PROGRAMA: 15 €/participante (ademáis de 4€ en concepto de seguro de accidentes para os escolares que non fosen participantes de algunha das actividades xestionadas pola Federación ao longo do curso).