Os alumnos de Educación Infantil de Cóxegas poderán acudir a un espectáculo de monicreques, «El soldadito de plomo», de Omar Álvarez Títeres, que se enmarca dentro da programación de Todo Público Primavera 23.
O pase ao que están convidados será o vindeiro xoves 8 de xuño ás 16:30, no Fórum Metropolitano. Os traslados faranse en bus.
A invitación só abrangue aos nenos e nenas de Educación Infantil que estean inscritos no programa Cóxegas os xoves, porque o espectáculo vai dirixido a este tramo de idade e con eles xa quedaría cuberto o aforo do auditorio.
Para poder participar, é preciso entregar unha autorización debidamente cumprimentada, que as educadoras farán chegar ás familias os primeiros días de Cóxegas.
Ese día (xoves 8 de xuño) non haberá actividade de Cóxegas no Sal Lence para o grupo de Educación Infantil, dado que a educadora será a acompañante na saída. Aqueles escolares de Educación Infantil que non entreguen a autorización, e por tanto non saian ao espectáculo, tampouco poderán quedar no centro ese día de 16:00 a 18:00.
Achegamos a autorización que as educadoras entregarán aos nenos.