PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

Antes do 1 de marzo publicanse os postos escolares vacantes en cada centro  docente e do 1 ao 20 de marzo será o prazo de presentación da solicitude de admisión, no centro que se solicite praza en primeiro lugar ou a través da aplicación «admisionalumnado» https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

Dacordo coa Orde do 12 de marzo de 2013, pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos, que establece os trámites de procedemento, o calendario de prazos para a súa tramitación, a forma de valorar os criterios xerais de admisión  e a Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1/02/17) http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20170201/AnuncioG0164-260117-0001_gl.pdf , pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013; débese ter en conta a seguinte información:

  • As prazas vacantes e reserva para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo, publicaranse xunto cos postos escolares vacantes antes de 1 de marzo, en cada centro educativo conforme ás propostas da dirección dos centros públicos e da titularidade dos centros privados e concertados.
  • O proceso de presentación das solicitudes de admisión abrangue do 1 ao 20 de marzo de 2017, ambos incluídos.
  • A solicitude débese presentar no centro no que se solicite praza en primeiro lugar ou a través da aplicación «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) co formulario normalizado (ED550A) –que se publica como anexo I da orde do 25 de xaneiro de 2017- e que será facilitado gratuitamente nos centros docentes e estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia http://www.xunta.es/portada e na páxina web da Consellería de Educación  http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21113
  • Só pode presentar unha única solicitude, na que poderase facer constar unha relación de ata 5 centros mais por orde de preferencia. A renuncia á solicitude rexistrada nun centro só se admitirá ata o último día do prazo de presentación de solicitudes, mediante a presentación dunha nova indicando expresamente por escrito que quedan sen efecto a/s presentada/s con anterioridade.
  • O alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática «admisionalumnado» (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
  • Toda a documentación a presentar terá que ser orixinal ou copia cotexada.

 O MAPA DAS ZONAS DE INFLUENCIA dos centros docentes públicos e privados concertados do municipio para o curso 2018/2019 non tivo modificacións respecto ao curso pasado.

Ademais da nosa web www.edu.coruna.es (no banner de “Escolarización”) e www.coruna.gal/educacion , o mapa tamén se pode consultar nas oficinas de rexistro do concello (María Pita, Fórum, Ágora e Mesoiro), nas bibliotecas municipais, no Centro Municipal de Información Xuvenil e no Servizo Municipal de Educación.

 As familias con  fillos ou fillas nados no ano 2015 empadroados/as no noso Concello recibirán no seu domicilio a seguinte DOCUMENTACIÓN:

  • unha carta do alcalde
  • o certificado de empadroamento
  • información sobre o proceso de admisión (que achego)
  • un directorio dos centros educativos públicos e concertados da cidade (que achego).

 PARA MÁIS INFORMACIÓN E CONSULTA DE DÚBIDAS:

Servizo Territorial de Inspección Educativa no Edificio administrativo de Monelos, Pza. Luís Seoane, s/n.  Teléfonos:  981 184 797 /  981 184 787 / 981 184 778 e mdb@edu.xunta.es

Pode consultar toda a información relacionada coa escolarización do curso 2018/2019  no apartado de “Escolarización” da web educativa municipal www.edu.coruna.es