CAMPACOLES (do 2​5 ​de ​xuño ao 20 de xullo)

O CAMPACOLE e un programa que baixo o formato de campamento urbano, ofrece a posibilidade de manter cobertura horaria similar á do período escolar coa ampliación de servizos como madrugadores​ (con ou sen almorzo)​ e comedor.

Este programa estival de recreación desenvolverase de luns a venres en horario de 10 a 14 horas, desde o luns​ 2​5​ de xuño ata o venres 20 de xullo, distribuído en 4 quendas de campamentos con temáticas diferentes.

  • – CEIP EMILIA PARDO BAZÁN.
  • – CEIP MANUEL MURGUÍA.
  • – CEIP JUAN FDEZ. LATORRE* (CEIP ANXO DA GARDA).
  • – CEIP RAMÓN DE LA SAGRA.
  • – CEIP SAGRADA FAMILIA.
  • – CEIP CURROS ENRÍQUEZ* (CEIP SANJURJO DE CARRICARTE).
  • – CEIP SAN PEDRO DE VISMA* (CEIP DE PRÁCTICAS).

* O CEIP ANXO DA GARDA, CEIP SANJURJO DE CARRICARTE e CEIP DE PRÁCTICAS, son centros que solicitaron ser sede pero que por proximidade e optimización de recursos, decidiuse unilos como centros adscritos. Neste caso tamén terán a mesma prefencia á hora de inscribirse que a propia sede e aumentando o máximo de participantes a 60 escolares por quenda.

 Prazo de inscrición: do 4 ao 8 de xuño​ nos centros que serán sede. ​

  • Custo do programa: 15 € por participante e quenda.

QUENDAS:

  • Quenda 1: Do 2​5​ ao 29 de xuño
  • Quenda 2: Do ​2 ao ​6 ​de xullo
  • Quenda 3: Do 9 ao 13 de xullo
  • Quenda 4: Do 16 ao 20 de xullo

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Madrugadores: de 8:30 a 10:00 h., cun custo por quenda de 5€ ou de 10€, no caso de incluir almorzo.

Comedor: de 14:00 a 15:30 h., cun custo de 20€ por quenda.