Roupa perdida

No colexio acumulouse nas últimas semanas moita roupa esquecida / perdida. Varios membros da ANPA estarán no colexio mañá venres 2 de decembro de 16:00 a 18:00, para dar acceso ao centro ás familias que boten de menos algunha peza ou recoñezan algunha na seguinte foto.
Estableceranse novos horarios para as próximas semanas para a recollida destas pezas. As que queden ao chegar as festas doarémolas a Cáritas.
Lembrade que hai un baúl á beira da porta, que é onde se atopan habitualmente as pezas perdidas.

ÚLTIMO ESFORZO PARA CONSEGUIR A CUBERTA

O próximo mércores 30 de novembro remata o prazo para apoiar a proposta de arranxo da cuberta do Sal Lence nos Orzamentos Participativos do Concello da Coruña: https://bit.ly/vamosaconseguirlacubierta

E ti, votaches? E compartiches?

Necesitamos o apoio de todas as familias do Sal Lence para logralo nestes últimos catro días dos Orzamentos Participativos. Somos un cole pequeno e todos debemos votar e acadar votos dos nosos amigos, veciños e familia. Lembra que calquera persona maior de 16 anos e empadronada na Coruña pode votar.

Orzamentos participativos – ¡Estamos na final!

Grazas ao esforzo de todos na fase anterior, as dúas propostas de mellora para o Sal Lence pasaron á final dos Orzamentos Participativos do Concello da Coruña. Agora é o momento de facer un último esforzo.

Como a cada unha das propostas presentadas o Concello asignoulle un orzamento de 150.000 euros, cada cidadán só pode votar a unha candidatura dentro do distrito 7, que é o noso, polo que temos que concentrarnos nunha única proposta das dúas que pasaron á final do CEIP Sal Lence para non diseminar o voto e ter máis probabilidades de que saia adiante.

Na asamblea da ANPA do 18 de novembro, decidiuse que a proposta que imos apoiar sexa o arranxo da cuberta, xa que nos parece prioritario que os nenos non se mollen cando chova.

Nesta última fase dos orzamentos participativos non se poden saber os votos acumulados de cada proposta ata que finalice o prazo. No noso distrito hai outros centros educativos de maior tamaño cos que competimos polo mesmo orzamento e están a implicar moito ás familias e moverse moito en redes sociais. Se non somos os primeiros, a proposta non sae adiante., polo que todos os membros das familias do Sal Lence temos que votar e compartir con familiares, amigos, veciños, comercios, persoal docente e non docente…

O prazo termina o 30 de novembro. Imos conseguilo!

Como se vota? Na web bit.ly/vamosaconseguirlacubierta ou de maneira física en urnas. O martes 29 de novembro haberá urnas para votar no Fórum Metropolitano, de 9:30 a 14:30.

Non disfraces de Samaín

Por un erro de comunicación do centro, a algunhas familias se lles comunicou que o venres 28 os alumnos poderían ir disfrazados ao colexio, mais ningún neno poderá acudir ao centro disfrazado exceptuando os de sexto de primaria, que irán caracterizados para as actividades dese día.

O colexio lamenta este malentendido e pide disculpas polas molestias.

Apoio ás propostas para mellorar o Sal Lence

Lembramos ás familias da importancia de seguir votando e compartindo as propostas de mellora do centro escolar para lograr que saian adiante.

O próximo xoves 13 de outubro estaremos no local da ANPA de 16:00 a 18:00 para axudar a todos aqueles que non sepan como poden apoiar as propostas. Pasádeos se tedes dúbidas.

Imos loitar polo noso colexio

Este ano fixemos dúas propostas dentro dos Orzamentos Participativos do concello: Unha os baños e a outra a cuberta.

Apoia as propostas nos seguintes links e envíalas a quen coñezas que esté empadroado na Coruña. Tamén pode votarse presencialmente.

¡Non o esquezas, entre o 6 e 18 de outubro!

Actividades Extraescolares 2022-2023

Mostramos a continuación o horario provisional de actividades, pendente de revisión e confirmación por parte da Federación de ANPAs.

  • Escola de Maxia (4º-6º) non sae, por non formarse grupos
  • Atletismo: non se chega ao número mínimo de 10 inscritos nin no grupo 3º-4º nin no de 5º-6º E.P. Proponse formar un único grupo, cos nenos de 3º a 6º de E.P. Pendente confirmación por parte de Federación.
  • Proxectos: ao non chegar ao número de 10 inscritos na franxa 4º a 6º E.P., intentarase integralos xunto co grupo de 1º a 3º E.P. para formar un grupo unificado de toda E.P. (1º-6º). Pendente confirmación por parte de Federación.
  • Escape Room (4º-6º) pendente confirmación por parte de Federación de grupo, xa que non se chega ao número mínimo de escolares inscritos.
  • Inglés: confírmase a actividade para todas as franxas de idade. Dous grupos en E.I., 1º-2º e 3º-4º de E.P. Un único grupo en 5º-6º E.P.
  • O resto de actividades ofertadas por Federación e Judo saen según o horario inicial.

Se algunha familia está interesada en realizar algún cambio nas actividades de Federación, pode pórse en contacto en inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org ou nos teléfonos 649055939 – 698158503

Número inscritos actividades Federación (actualización)

Indicamos a continuación o número aproximado e provisional de inscritos a día de hoxe (sábado 17 de setembro) nas actividades extraescolares ofertadas pola Federación de ANPAS.

O número mínimo de nenos para formar grupo é de 10 e o prazo de inscrición termina este domingo 18.

Educación Infantil

  • Prepatinaxe (L/Me 16:00-17:00): 21 (fórmase grupo)
  • Xogos Rítmicos (Ma/X 16:00-17:00): 21 (fórmase grupo)
  • Proxectos (V 16:00-18:00): 11 (fórmase grupo)
  • Comecocos (Ma/X 17:00-18:00): 12 (fórmase grupo)
  • Colorín Colorado (L/Me 17:00-18:00) : 11 (fórmase grupo)
  • Predeporte (L/Me 16:00-17:00): 9 (pendende)

Educación Primaria

  • Atletismo (1º e 2º) (Ma/X 16:00-17:00): 12 (fórmase grupo)
  • Atletismo (3º e 4º) (L/Me 17:00-18:00: 4 (pendente)
  • Atletismo (5º e 6º) (L/Me 16:00-17:00): 7 (pendente)
  • Patinaxe (1º – 3º) (L/Me 17:00-18:00): 28 (fórmase grupo)
  • Patinaxe (4º – 6º) (Ma/X 17:00-18:00): 10 (fórmase grupo)
  • Proxectos (1º – 3º): (V 16:00-18:00): 11 (fórmase grupo)
  • Proxectos (4º – 6º): (V 16:00-18:00): 2 (pendente)
  • Xenios (1º – 3º) (Ma/X 16:00-17:00): 10 (fórmase grupo)
  • Ritmo (1º – 3º): (Ma/X 17:00-18:00): 14 (fórmase grupo)
  • Baile Moderno (4º – 6º) (L/Me 17:00-18:00): 10 (fórmase grupo)
  • Teatro (1º – 3º) (L/Me 16:00-17:00): 12 (fórmase grupo)
  • Escape Room (4º – 6º) (L/Me 16:00-17:00): 7 (pendente)
  • Escola de Maxia (4º – 6º): (Ma/X 16:00-17:00): 4 (pendente)

Erro no cadrante de actividades

Detectouse un erro no cadro de actividades de Federación. A actividade Baile Moderno de 4º E.P. aparece duplicada: luns e mércoles de 16:00 a 17:00 e luns e mércores de 17:00 a 18:00. O horario correcto para este grupo é luns e mércoles de 17:00 a 18:00. Os nenos que xa están apuntados serán avisados.

Como aclaración xeral, as actividades extraescolares divídense en tres grupos: Educación Infantil, 1º-3º Educación Primaria e 4º-6º Educación Primaria. Só hai dúas excepcións: Atletismo e Inglés, nas que consideramos que a diferencia de idade pode ser importante e separamos en catro grupos: E.I., 1º-2º E.P., 3º-4º E.P. e 5º-6º E.P. No caso de non haber suficientes inscricións para formar grupo nalgunha destas actividades, pódense reubicar aos nenos noutros grupos de idade similares, previa comunicación coas familias.