INFORMASE DA CONVOCATORIA DE CAMPAMENTOS URBANOS DE VERÁN NA REDE DE CENTROS CIVICOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DA CORUÑA, E POR CONSEGUINTE, NOS CENTROS CIVICOS MUNICIPAIS DE MONELOS E SAN DIEGO
ESTE SABADO 4 DE MAIO , E O LUNS E O MARTES DA SEMANA PROXIMA, 6 E 7 DE MAIO EN HORARIO DE 11.00 A 13.30 HORAS E DE 17.00 A 20.00 HORAS É CANDO ESTÁ ABERTO O PRAZO PARA A PREINSCRICIÓN DOS CAMPAMENTOS URBANOS NOS CENTROS CÍVICOS DE SAN DIEGO E MONELOS E NO RESTO DOS CENTROS CIVICOS DA CIDADE.
PREINSCRICIÓN No centro cívico onde se desexe solicitar a praza, os días 4, 6 e 7 de maio, no horario de 11.00 a 13.30 e de 17:00 a 20:00 h.
SORTEO PÚBLICO En cada centro cívico o 7 de maio as 20.15 h.
O sorteo das prazas de NEE e discapacidade realizarase no centro cívico de Labañou.
LISTAXE DE PERSOAS ADMITIDAS E DE RESERVAS 30 de maio nos centros cívicos, no Teléfono 010 e na web municipal www.coruna.gal/serviciossociais
INSCRICIÓN Días 6, 7 e 8 de xuño.
Nos campamentos realizaránse actividades lúdicas, xogos cooperativos, producción plásticas, etc. En todas as xornadas adicarase unha hora á práctica da lingua inglesa. Haberá unha excursión en cada quenda (de 10.00 a 18:00h aprox) , agás nas quendas 1 e 6.
QUENDAS (non habera campamentos os fins de semana nin festivos)
- Quenda 1: do 25 ao 28 de xuño
- Quenda 2: do 1 ao 12 de xullo
- Quenda 3: do 15 ao 31 de xullo
- Quenda 4: do 1 ao 16 de agosto
- Quenda 5: do 19 ao 30 de agosto
- Quensa 6: do 2 ao 6 de setembro
OFERTA DE CAMPAMENTOS
Centros cívicos que ofertan todas as quendas con posibilidade de horario ampliado: Castrillón, Cidade Vella, Eirís, Elviña, Labañou, Os mallos, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Novoboandanza, Palavea, Rosales e San Diego.
Centros cívicos onde se ofertan só a quenda 2 e a quenda 3: A Silva, Artesáns, Sta. Margarida, Sagrada Familia, Santa Lucía, Pescadores, Feans e San Pedro de Visma
HORARIO
- HORARIO XERAL: de 10:00 a 14:00H
- HORARIO AMPLIADO: de 9 :00 a 14:30H, só nos centros cívicos onde se ofertan todas as quendas.
CUSTO
- QUENDAS 1 e 6: Horario normal: 15€ e horario ampliado: 20€
- QUENDAS 2, 3, 4 e 5: Horario normal: 26€ e horario ampliado; 32€
Ofértanse prazas para nenos e nenas con necesidades educativas especiais (NEE) ou discapacidade, en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. As prazas serán repartidas entre as catro quendas. Contarán con monitorado de apoio que non realizará tarefas de carácter hixiénico ou sanitario.