Formalización de matrícula para novo alumnado. Do 20 ao 30 de Xuño do 2022

As famlias do alumnado admitido no centro formalizarán a súa inscripción na Secretaría do mesmo do 20 ao 30 de xuño, en horario de 10:00 a 11:00 horas. Transcorrido este prazo, entenderase que o alumnado non matriculado renuncia á praza adxudicada.

A documentación a presentar é a seguinte:

  • Anexo III-1 de formalización de matrícula debidamente cuberto e asinado polos dous proxenitores ou titores legais. Deberá ser asinado polas persoas que ostenten no día da data a patria potestade do alumno/a.
  • Fotocopia das follas do Libro de Familia onde figuren os titulares do mesmo e o fillo/a, xunto co orixinal para o seu cotexo.
  • Informe médico ou sanitario orixinal (documento distinto da Cartilla Sanitaria).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria, xunto coa orixinal para o seu cotexo.
  • Dúa fotografías recentes do alumno/a en tamaño carnet.
  • No caso de familias separadas ou en trámites de separación, copia completa da sentencia máis recente dos xulgados na que se reflictan: as situacións de garda e custodia, patria potestade e réxime de visitas de ambos cónxuxes.
  • No caso de alumnado que presente alerxias ou incompatibilidades alimentarias das que o centro deba coñecer información médica específica: copia dos informes médicos que así o acrediten.

Fuente: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsallence/node/1202