SUMMER TALK
DESCRICIÓN
Programa de actividades de dinamización para a mellora da expresión e comprensión oral da lingua inglesa.
As actividades realizaranse a través de propostas lúdicas de carácter multidisciplinar, combinando aulas, recintos ao cuberto e ao aire libre, para potenciar o desenvolvemento da capacidade de escoita comprensiva e a expresión oral en inglés.
Os contidos definiranse atendendo tanto aos correspondentes ao nivel educativo do alumnado como aos demandados na parte oral dos principais exames de nivel Starters, Movers, B1 y B2.
Usaranse diferentes ferramentas atractivas tendo en conta as idades dos participantes e os seus intereses: música, teatro, cine, deporte, literatura, audiovisuais…, adaptadas ao seu contexto diario, empregando tanto medios materiais como dixitais.
En cada quenda, un dos días adicarase a unha saída a pé, dentro do horario da actividade.
DESTINATARIOS
Escolares matriculados nos cursos 4º a 6º Primaria e 1º a 4º ESO en centros públicos do Concello da Coruña no actual curso 21/22.
SEDES
- 4º a 6º EP:
- CEIP María Barbeito
- CEIP San Francisco Xabier
- ESO: IES Menéndez Pidal
PRAZAS
15 prazas por grupo e quenda en E. Primaria, 15 prazas por grupo e quenda na ESO.
QUENDAS
- 1ª Quenda: do 27/6 a 1/7
- 2ª Quenda: do 4/7 ao 8/7
- 3ª Quenda: do 11/7 ao 15/7
- 4ª Quenda: do 18/7 ao 22/7
- 5ª Quenda: do 26/7 ao 29/7
HORARIO
De 10:00 h. a 14:00 h.
GRUPOS
- 4º-5º-6º E.PRIMARIA
- 1º – 2º ESO
- 3º – 4º ESO
CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
A adxudicación de prazas farase por orde de inscrición, seguindo estes criterios de preferencia:
1º. O primeiro día de inscrición, os escolares matriculados no centro sede.
2º. O segundo e seguintes días de inscrición, os usuarios das actividades extraescolares da FANPA no curso 21/22, con independencia do centro orixe. A continuación o resto de solicitantes da actividade.
COTA
- 20 €por escolar e quenda(*)
- 4€ por seguro de accidentes(**)
*Estarán exentos da cota os escolares que cumpran os requisitos de participación e fosen beneficiarios de beca comedor neste curso 2021/22.
**Estarán exentos do pago do seguro de accidentes aqueles solicitantes matriculados en calquera programa ofertado pola Federación de ANPAS no curso 2021/22 (“Cóxegas”, “Deporte no Centro”, “Arte e Cultura no Centro”, “English Lab” ou “On Parle”).
INSCRICIÓN
Preinscrición: 23, 24 e 25 de maio de 2022 na seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones
MÁIS INFORMACIÓN
- FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAS. TLF: 981 202 002 / 649 055 939 / 698 158 503 summer@fedapascoruna.org
- www.coruna.gal/educacion/gl