Inscripciones Campacole Verano 2019 el 23/05/2019 y 24/05/2019

O CAMPACOLE e un programa que baixo o formato de campamento urbano, ofrece a posibilidade de manter cobertura horaria similar á do período escolar coa ampliación de servizos como madrugadores (con ou sen almorzo) e comedor.

Mañá xoves 23/05/2019 e o venres 24/05/2019 serán as inscricións para o programa. A inscrición ha de facerse en horario de 09:00 a 10:00 no local do ANPA de cada colexio sede do campamento

Este ano os colexio sedes son:

  • CEIP CURROS ENRÍQUEZ
  • CEIP JUAN FDEZ. LATORRE* (CEIP ANXO DA GARDA).
  • CEIP MANUEL MURGUÍA.
  • CEIP SAGRADA FAMILIA.
  • CEIP SAN PEDRO DE VISMA
  • CEIP SANJURJO DE CARRICARTE

O CEIP ANXO DA GARDA, solicitou ser sede pero por proximidade e optimización de recursos, decidiuse unir como centro adscrito ao CEIP Juan Fernández Latorre. Neste caso tamén terán a mesma prefencia á hora de inscribirse que a propia sede e aumentando o máximo de participantes a 60 escolares por quenda.

Custo do programa: 15 € por participante e quenda.

QUENDAS:

  • Quenda 1: Do 25 ao 28 de xuño
  • Quenda 2: Do 1 ao 5 de xullo
  • Quenda 3: Do 8 ao 12 de xullo
  • Quenda 4: Do 15 ao 19 de xullo
  • Quenda 5: Do 22 ao 26 de xullo

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS Madrugadores: de 8:00 a 10:00 h., cun custo por quenda de 10€ ou de 15€, no caso de incluir almorzo.

Comedor: de 14:00 a 15:30 h., cun custo de 20€ por quenda.