Normas de organización, convivencia e funcionamento ANPA“Os Castros” CEIP Sal Lence

O ANPA  “OS CASTROS” CEIP SAL LENCE promove estas Normas de Organización e Funcionamento co fin de dotar ó noso Centro e ANPA, dunha ferramenta de xestión acorde cos seus principios educativos que permita a efectiva coordinación de todos quenes participan nelas.

Entendemos que tanto o servicio de comedor como as actividades que teñen lugar no centro non son só a maneira de cubrir unhas necesidades, son unha oportunidade de dar continuidade á labor do centro, integrando a toda a comunidade educativa, incluíndo a quenes prestan o servicio. Por tanto é a nosa intención que estas Normas de Organización, Convivencia e Funcionamento estean en consonancia co benestar do alumnado, a vontade das familias, e os obxectivos do Centro e as necesidades das empresas e os profesionais participantes.

Estas Normas de Organización, Convivencia e Funcionamento rexen para o bo funcionamento do ANPA, das actividades desenvoltas no servicio de comedor, que comprende os servicios de  almorzo e comida, así como para as actividades extraescolares ou calquera outra actividade organizada e xestionada pola xunta directiva do ANPA, e foron sometidas a revisión por parte da Dirección do centro co fin de conseguir a integración coas normas vixentes e os obxectivos e as políticas do centro.

NORMAS DE ORGANIZACIÓN, CONVIVENCIA E  FUNCIONAMENTO ANPA “OS CASTROS” CEIP SAL LENCE

ANEXO 1 – AUTORIZACIÓN PARA A RECOLLIDA DE ALUMNOS DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

ANEXO 2 – AUTORIZACIÓN DE AUTONOMÍA DOS ALUMNOS DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

ANEXO 3 – AUTORIZACIÓN PARA CAMBIO DE ACTIVIDADE DO ALUMNADO

ANEXO 4 – IMPRESO DE INCIDENCIAS DE COMEDOR E ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES