O XXIV DÍA DA CIENCIA NA RÚA

O XXIV DÍA DA CIENCIA NA RÚA celébrase o sábado 4 de maio, de 11 a 19 h, no Parque de Santa Margarida

O Servizo Municipal de Educación, en colaboración ca Federación de AMPAs de centos públicos, participará coa actividade “Eureka” do “Programa de Ocio Educativo”, destinado a escolares de 3 a 9 anos, con actividades relacionadas coa Astronomía. Tamén participará a escola infantil municipal Os Cativos.

Os obxectivos do Día de la Ciencia na Rúa son:

  • Sacar a ciencia á rúa. Presentar a ciencia que se fai nos centros escolares.
  • Popularizar o coñecemento científico. Acercar a ciencia á sociedade.
  • Desmitificar a ciencia. Presentala como un xogo, como algo sinxelo, fácil de entender e ao alcance de cualquera con un mínimo de interese.
  • Dar protagonismo ao alumnado. Que por unha vez non sexa o profesorado o conductor do coñecemento, senon que o alumnado se sinta eixe e centro da actividade desenvolvida.

Cada ano se animan a participar máis centros escolares así como a outras entidades e institucións que desenvolven a súa actividade ao redor da ciencia. Nesta edición contarase con 55 jaimas, que serán ocupadas por escolas infantís, CEIP, IES, centros concertados e privados, universidades e entidades colaboradoras como o Instituto Español de Oceanografía, a Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue, o MUNCYT, a Asocoiación Estratéxica CICA-INIBIC e Minaría Sustentable de Galicia.

Da man de estudantes e profesorado de centros educativos, poderase xogar, aprender e participar nunha gran variedade de experiencias científicas, convidando así a despertar a curiosidade pola ciencia a persoas de todas as idades.

Tamén, levaranse a cabo unha gran variedade de actividades paralelas como: pasarrúas pola cidade, un parque infantil, espectáculos de maxia, xogos para todas as idades (avións de papeis, carreiras de caracois, carreiras de globos, a rá, pesca, Torre, enrrollando a corda, fundir cubitos de xeo, etc), graffiti, papiroflexia, xadrez e un taller de cestería…, ademáis do xa tradicional xogo por equipos “Cocacoleando”. E todo elo, difundido a través da radio CUAC FM.

Programa: https://indd.adobe.com/view/a934a555-e17b-4a66-8570-8a914d578a14

Para homenaxear ao célebre físico teórico, astrofísico, cosmólogo y divulgador científico británico Stephen Hawking, falecido o ano pasado, nesta edición a moeda oficial exclusiva para esta xornada serán os «hawkings», que poderán ser canxeables por agasallos.

Os Museos Científicos Coruñeses, celebrarán tamén ese día con actividades especiais e con xornadas de portas abertas nos tres museos, no Muncyt, no Castelo de San Antón e na Torre de Hércules

Trátase dunha ocasión para participar e desfrutar con todos os experimentos, experiencias e xogos que se propoñen ao conxunto da cidadanía.

Máis información: www.amigoscc.es