Desde a Concellería de Deportes do Concello da Coruña informánnos do inicio do Programa de Natación Escolar en centros educativos públicos.
- Dirixido a: Ed. Primaria (2º, 3º e 4º curso) de Centros Públicos. NOVIDADE: Para esta edición a oferta de beneficiarios amplíase aos escolares de 2º curso.
- Prazas: 500 prazas.
- Inscricións: Do 11 ao 22 de setembro.
- Lugar: No caso do CEIP Sal Lence, a piscina asociada é San Diego.
- Datas curso: Do 3 de outubro ao 31 de maio.
Para os inscritos pertencentes ao CEIP Sal Lence, o horario da actividade será os xoves de 16:45 a 17:30. A recollida no centro será as 16:25 e a entrega ás 17:50.
Achégase toda a información relativa a esta actividade
- Carta presentación Concejalía.
- Condicións da oferta.
- Información a familias.
- Talón de pago.