Admisión de alumnado curso 2020/2021 y otros trámites de secretaría

A partir del lunes 11/05 la secretaría del colegio abrirá en el horario de 10:00 a 12:00.

El período de admisión esta abierto del lunes 11/05 al lunes 18/05.

Este horario es exclusivamente para temas relacionados con la secretaría. El colegio informará más adelante la forma en la cual se pueda pasar recoger el material que los niños tienen en el cole.

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS. CURSO 2019/2020

Con motivo da apertura o próximo 1 de marzo do prazo de presentación das solicitudes de admisión do alumnado nas diferentes etapas educativas impartidas nos centros docentes sostidos con fondos públicos informámolo/a dos seguintes aspectos:

Continuar leyendo «PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS. CURSO 2019/2020»

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS. CURSO 2018/2019

Con motivo da apertura o próximo 1 de marzo do prazo de presentación das solicitudes de admisión do alumnado nas diferentes etapas educativas impartidas nos centros docentes sostidos con fondos públicos informámolo/a dos seguintes aspectos:

I.      REFERENCIAS LEGAIS:

Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26/12/2012), polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • Orde do 12 de marzo del 2013 (DOG 15/03/2013), pola que se desenvolve o citado Decreto.
  • Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1/02/17), pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
  • Lei 26/2015, de 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia.
  • Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

II.     O MAPA DAS ZONAS DE INFLUENCIA

dos centros docentes públicos e privados concertados do municipio para o curso 2018/2019 non tivo modificacións respecto ao curso pasado (se precisan algún exemplar poden solicitalo en educacion@coruna.es).

O mapa tamén se pode consultar nas oficinas de rexistro do concello (María Pita, Fórum, Ágora e Mesoiro), nas bibliotecas municipais, no Centro Municipal de Información Xuvenil e nas páxinas web do concello: www.edu.coruna.es e www.coruna.gal/educacion

III. As familias

con  fillos ou fillas nacidos no ano 2015 empadroados/as no noso concello recibirán no seu domicilio a seguinte DOCUMENTACIÓN:

  • unha carta do alcalde
  • o certificado de empadroamento
  • información sobre o proceso de admisión (que se achega)
  • un directorio dos centros educativos públicos e concertados da cidade(que se achega).