O Concello da Coruña convoca axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar no curso escolar 2023/2024 destinadas ao alumnado empadroado no Concello da Coruña.
A QUEN VAI DIRIXIDO:
Para público en xeral
INSCRICIÓNS:
Dende o 13/03/2023 ata o 12/04/2023
DURACIÓN:
Esta convocatoria comprenderá o período lectivo do curso escolar 2023/2024, así como os períodos non lectivos de Nadal 2023 e verán do 2024
REQUISITOS:
- Alumnado dos centros escolares nos que imparta segundo ciclo de educación infantil, primaria, ensino secundario obrigatorio, bacharelato e formación profesional, así como dos centros de educación especial sostidos total ou parcialmente con fondos públicos, sempre que estean localizados no termo municipal da Coruña e sexan autorizados pola Consellería competente para a prestación do servizo de comedor escolar
- Ter asignada unha das prazas dispoñibles para a prestación do servizo de comedor de maneira presencial nun centro escolar do termo municipal
- Dispoñer de DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido
- Estar empadroado/a no Concello da Coruña.
- Matrícula, ou solicitude de matrícula dentro do prazo establecido pola Consellería competente, nun centro educativo do termo municipal da Coruña que conte con servizo de comedor autorizado
- Non superar os 8.000 € anuais de ingresos per cápita no exercicio económico 2021, salvo no caso de unidades familiares nas que exista unha persoa perceptora de renda social municipal (RSM), ingreso mínimo vital (IMV) ou renda de inclusión social de Galicia (RISGA). Non se esixirá este requisito no caso de menores en réxime de acollemento familiar, que estean tutelados por unha institución pública ou familiar ou que formen parte dun programa de inclusión e transición á vida autónoma da rede municipal de acollida.
- Atoparse ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social
REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:
- A contía da bolsa cubrirá a totalidade do custo do servizo do comedor nos centros públicos de segundo ciclo de educación infantil e primaria (CEIP), nos institutos de ensino secundario (IES) e de formación profesional ou nos centros de educación especial sostidos total ou parcialmente con fondos públicos (CEE).
- No caso dos centros privados e/o concertados, a contía da axuda de comedor será de 80€/mes como norma xeral. Este importe poderá incrementarse ata 98 €/mes nos seguintes casos:
- – A proposta do persoal técnico dos servizos sociais municipais mediante informe que así o xustifique.
- – No caso de persoas beneficiarias tuteladas por unha institución pública, que se achen en réxime de acollemento familiar ou menores que formen parte dun programa de inclusión e transición á vida autónoma da rede municipal de acollida.
PÁXINA WEB:
www.coruna.gal/servizossociais
CONTACTO:
– Concello da Coruña
Tel.: 010 / 981 184 200
– Rede de Centros Cívicos Municipais
Publicación:
BOP 07/03/2023 (extracto da convocatoria)
Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif): 679136
Publicación Concello A Coruña aquí