Fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas a alumnado de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24.

A QUEN VAI DIRIXIDO:

Para público en xeral

INSCRICIÓNS:

Ata o 21/06/2023

REQUISITOS:

  • Participación no fondo solidario de libros de texto para alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria, e 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria.
  • Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de educación primaria e en educación especial.
  • Axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial. 
  • Non superar determinada renda a unidade familiar, ou ter recoñecida unha discapacidade con independencia da renda. 
  • As persoas beneficiarias deberán usar os vales nas librarías e demais establecementos o antes posible, e en todo caso, ata o 10 de abril de 2024.
  • As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica (procedemento ED330B), presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa.
  • O alumnado que, transcorrido o prazo, se incorpore a un centro procedente de fóra de Galicia ou dun centro en Galicia non sostido con fondos públicos terá o prazo dun mes desde o día seguinte á formalización da matrícula. O alumnado que repita 4º da ESO e aquel que non obteña praza na FP básica tamén poderá presentar a solicitude no prazo dun mes desde a formalización da matrícula.

PÁXINA WEB:

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

CONTACTO:

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Edificio Administrativo de San Caetano, s/n. 15781  Santiago de Compostela 

Teléfono: 981 546 521 / 881 997 385 / 981 547 301 / 881 996 513

Información e asesoramento nos propios centros docentes. 

Publicación: DOG 19/05/2023

1. A asignación de libros de texto correspondentes aos cursos 3º, 4º, 5º e 6º de EP e a todos os cursos de ESO, que estean dispoñibles no fondo solidario do centro, efectuarase:

  • Ao alumnado que participe no fondo solidario, por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar, ata que se esgoten as existencias. Terá preferencia para esta adxudicación o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda.
  • Unha vez esgotados os libros dispoñibles no fondo solidario, o centro docente adquirirá os libros de texto complementarios que sexan necesarios para garantir:
    • Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: seis libros de texto.
    • Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: catro libros de texto.
    • Ao alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %: seis libros con independencia da renda. 

2. A contía das axudas para adquirir libros de texto será:

  • Para o alumnado de 1º e 2º de EP:
    • 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €. 
    • 2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €.
  • Para o alumnado matriculado en EE, en centros específicos ou en unidades de EE de centros ordinarios, ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 %, a contía das axudas será de 300 € con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
  • Para o alumnado en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o importe da axuda será o maior correspondente ao ensino e curso en que estea matriculado, con independencia da renda per cápita da unidade familiar.
  • Para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º, 2º, 3º e 4º da ESO que non poida usar os libros de texto ou o material dixital do curso en que estea matriculado e non existan libros adecuados no fondo solidario en ningún curso, o centro expediralle un vale coa axuda co que poderá adquirir libros ou material didáctico e complementario específico que o centro docente determine en cada caso:
    • Alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de EP:
      • 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 240 €.
      • 2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 160 €.
    • Alumnado de ESO:
      • 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 270 €.
      • 2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 180 €.

3. A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en EP e en ESO será:

  • 1º. Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 75 €.
  • 2º. Renda per cápita familiar superior a 6.000 € e igual ou inferior a 10.000 €: 60 €.
  • O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda por importe de 75 € con independencia da renda.

Fondo libros

La dirección del colegio nos informa que que a partir del 30/06/2022 se puede pasar a recoger los cheques de libros y material.

Participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 2022/2023

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

  • A solicitude será única para todos os fillos  que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2022/23, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. 
  • Dito formulario tamén se pode recoller e entregar, na Conserxería do centro.
  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o  19/05/2022 e rematará o 22/06/2022 (ambos incluídos).

Mas inforamción en:

https://www.edu.xunta.gal/portal/fondolibros

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/69002/xunta-abre-plazo-para-que-las-familias-soliciten-ayudas-para-libros-material?langId=es_ES

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&anno=2022&numpub=1&lang=gl

LISTA DEFINITIVA DE LIBROS DE TEXTO E RECOLLIDA DE VALES DE AXUDA PARA LIBROS E MATERIAL DO CURSO 21/22.

A listaxe definitiva de Fondo Libros publicarase na aplicación Fondo Libros que poderá ser consultada con Chave365 ou con certificado dixital.

Os libros de 3º, 4º, 5º e 6º EP repartiranse os primeiros días de clase.

Os cheques de axuda de libros de 1º e 2º EP e de material escolar de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º repartiranse na secretaría do centro os días 28 e 29 de xuño de 10:00h a 13:00h e tamén a partir do 1 de setembro no horario habitual de secretaría.

Os vales poderánse entregar na librería escollida ata finais de ano.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsallence/node/1165

Fondo solidario de libros e axudas para libros e material escolar

ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

¿A quen vai dirixido?

Aquelas familias con alumnado matriculado en centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos nas modalidades de gratuidade solidaria que se relacionan a seguir:

  • Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (EP), e en 1º, 2º, 3º e 4º de ensinanza secundaria obrigatoria (ESO).
  • Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP, e en educación especial (EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira da orde.
  • Axudas para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

Presentación

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

O prazo para presentar as solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ( 20 de maio ) e rematará o día 19 de xuño de 2020 incluído.

Documentación complementaria necesaria para tramitar o procedemento

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

  • Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.