O Concello da Coruña está a colaborar, xunto con outros municipios de España, UNICEF, a Asociación Internacional de Cidades Educadoras e os equipos de investigación da UNED e as Universidade de Barcelona, Sevilla e A Coruña, no proxecto participación infancia e adolescencia por unha cidadanía activa.
A investigación ten o propósito de avanzar no exercicio da participación da infancia na súa cidade e na súa inclusión como cidadanía activa, así como fortalecer as formas e as prácticas de participación do colectivo infancia e adolescencia nos municipios.
Neste momento estase a iniciar un proceso investigador para coñecer a realidade coruñesa neste ámbito mediante a realización dun cuestionario en liña destinado a rapaces e rapazas de 10 a 14 anos de idade.
No enlace que achegamos, aparece un brevísimo video explicativo, así como o consentimento informado para nais e pais e o propio cuestionario que deben cubrir os menores vía on line. O prazo para cubrilo sería dun mes, estaría aberto ata finais de novembro.