Con motivo da apertura o próximo 1 de marzo do prazo de presentación das solicitudes de admisión do alumnado nas diferentes etapas educativas impartidas nos centros docentes sostidos con fondos públicos informámolo/a dos seguintes aspectos:
I. REFERENCIAS LEGAIS:
- Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG do 26/12/2012), polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Orde do 12 de marzo del 2013 (DOG 15/03/2013), pola que se desenvolve o citado Decreto.
- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1/02/17), pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013.
- Lei 26/2015, de 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia.
- Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas
II. O MAPA DAS ZONAS DE INFLUENCIAdos centros docentes públicos e privados concertados do municipio para o curso 2019/2020 non tivo modificacións respecto ao curso pasado (se precisan algún exemplar poden solicitalo en educacion@coruna.es).
O mapa tamén se pode consultar nas oficinas de rexistro do concello (María Pita, Fórum, Ágora e Mesoiro), nas bibliotecas municipais, no Centro Municipal de Información Xuvenil e na páxina web do concello www.coruna.gal/educacion
III. As familias con fillos ou fillas nacidos no ano 2016 empadroados/as no noso Concello recibirán no seu domicilio a seguinte DOCUMENTACIÓN:
- unha carta do alcalde
- o certificado de empadroamento
- información sobre o proceso de admisión
- un directorio dos centros educativos públicos e concertados da cidade.