Así responde aos retos de Xaque ao virus o alumnado do CEIP Sal Lence

Noa e Mateo do CEIP Sal Lence gravaron estes vídeos como resposta ao reto 6 do Xaque ao virus. O reto consistía en crear unha pequena obra utilizando como monicreques elementos que tivesen na casa. O resultado non deixa indiferente a ninguén. Así son as respostas de Noa e de Mateo.

Sorpresa das/os educadoras/es

Para lles dar as grazas ás familias pola súa participación nos retos de Xaque ao virus, o persoal educador do Sal Lence prepararon unha sorpresa para o alumnado: unha canción dedicada por Paco Nogueiras.

https://www.coruna.gal/educacion/gl/programas/actualidade/ultimas-novas/detalle-noticia/asi-responde-aos-retos-de-xaque-ao-virus-o-alumnado-do-ceip-sal-lence/suceso/1453724623879