Campamentos de verán 2020 (Concello da Coruña)

O Concello da Coruña, ante a demanda da cidadanía, reforza con 7.475 prazas en distintos espazos da cidade a súa oferta de campamentos para que as familias concilien mellor. Música, deporte, ciencia…

As persoas interesadas poderán formalizar a preinscrición de forma telemática do 27 ao 29 de maio. Formaranse grupos dun máximo de 15 participantes e terán preferencia as e os nenos empadroados no concello e con pais e nais traballando ou teletraballando, tamén as familias monoparentais.

Benestar Social, o Consorcio para a Promoción da Música, Deportes, Educación, IMCE, Museos Científicos e OMIC ofrecerán actividades motivadoras para que as cativas e cativos e mocidade de 4 a 17 anos pasen as vacacións aprendendo e xogando á vez.

Educación-Federación de APAS

Con Cilia no cole: O programa de conciliación no verán da Federación de ANPAS de centros públicos da Coruña (22/05/2020)

Fórum Metropolitano e Centro Ágora

Campamentos Urbanos Verán 2020 (Dende o 22/06/2020 ata o 29/08/2020. Inscricións dende o 27/05/2020 ata o 29/05/2020) Fórum Metropolitano e Centro Ágora

Museos científicos

Campamentos (Dende o 22/06/2020 ata o 26/07/2020)

Deportes

Inscrición en campamentos deportivos municipais urbanos