Bolsas comedor 2023/2024

O Concello da Coruña convoca axudas económicas para o pago do servizo de comedor escolar no curso escolar 2023/2024 destinadas ao alumnado empadroado no Concello da Coruña.

A QUEN VAI DIRIXIDO:

Para público en xeral

INSCRICIÓNS:

Dende o 13/03/2023 ata o 12/04/2023

DURACIÓN:

Esta convocatoria comprenderá o período lectivo do curso escolar 2023/2024, así como os períodos non lectivos de Nadal 2023 e verán do 2024

REQUISITOS:

  • Alumnado dos centros escolares nos que imparta segundo ciclo de educación infantil, primaria, ensino secundario obrigatorio, bacharelato e formación profesional, así como dos centros de educación especial sostidos total ou parcialmente con fondos públicos, sempre que estean localizados no termo municipal da Coruña e sexan autorizados pola Consellería competente para a prestación do servizo de comedor escolar
  • Ter asignada unha das prazas dispoñibles para a prestación do servizo de comedor de maneira presencial nun centro escolar do termo municipal
  • Dispoñer de DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido
  • Estar empadroado/a no Concello da Coruña.
  • Matrícula, ou solicitude de matrícula dentro do prazo establecido pola Consellería competente, nun centro educativo do termo municipal da Coruña que conte con servizo de comedor autorizado
  • Non superar os 8.000 € anuais de ingresos per cápita no exercicio económico 2021, salvo no caso de unidades familiares nas que exista unha persoa perceptora de renda social municipal (RSM), ingreso mínimo vital (IMV) ou renda de inclusión social de Galicia (RISGA). Non se esixirá este requisito no caso de menores en réxime de acollemento familiar, que estean tutelados por unha institución pública ou familiar ou que formen parte dun programa de inclusión e transición á vida autónoma da rede municipal de acollida.
  • Atoparse ao corrente coas obrigas tributarias e coa Seguridade Social

REMUNERACIÓN / DOTACIÓN:

  • A contía da bolsa cubrirá a totalidade do custo do servizo do comedor nos centros públicos de segundo ciclo de educación infantil e primaria (CEIP), nos institutos de ensino secundario (IES) e de formación profesional ou nos centros de educación especial sostidos total ou parcialmente con fondos públicos (CEE).
  • No caso dos centros privados e/o concertados, a contía da axuda de comedor será de 80€/mes como norma xeral. Este importe poderá incrementarse ata 98 €/mes nos seguintes casos:
    • – A proposta do persoal técnico dos servizos sociais municipais mediante informe que así o xustifique.
    • – No caso de persoas beneficiarias tuteladas por unha institución pública, que se achen en réxime de acollemento familiar ou menores que formen parte dun programa de inclusión e transición á vida autónoma da rede municipal de acollida.

PÁXINA WEB:

www.coruna.gal/servizossociais

CONTACTO:

– Concello da Coruña

Tel.:  010 / 981 184 200

– Rede de Centros Cívicos Municipais

Publicación: 

BOP 07/03/2023 (extracto da convocatoria)

Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif): 679136

Publicación Concello A Coruña aquí

Seguro comedor

Lembramos ós usuarios de comedor, incluídos os bolseiros, que deben aboar á empresa Jardanay o seguro de accidentes, cun importe de 8 euros ao ano por persoa. Este importe vai no primeiro recibo do curso; os bolseiros poden pagalo en man no comedor, daráselles recibo.

Publicación da listaxe definitiva das bolsas comedor

Infórmasevos de que saíu publicado no taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña a proposta de aprobación definitiva da convocatoria de axudas para o pagamento de comedores escolares no curso 2022/2023 e a apertura do prazo de aceptación ou renuncia.

As persoas beneficiarias que desexan renunciar á bolsa deberán manifestalo expresamente mediante presentación de escrito no rexistro municipal do 10 ao 24 de agosto, ambos incluídos. Transcorrido o prazo sen realizarse a renuncia, entenderase que as persoas beneficiarias aceptan a axuda concedida.

Nesta ligazón podedes consultar toda a información ao respecto: https://www.coruna.gal/servizossociais/gl/noticias/detalle-noticias/bolsas-comedor-2022-23-publicacion-da-listaxe-de-persoas-propostas-definitivamente-como/suceso/1453808108148

Listados provisionais de bolsas comedor 2022-2023

Onte publicouse no taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña o anuncio relativo á proposta provisional de concesión de bolsas para o pago de comedores escolares no curso escolar 2022/2023.

As persoas beneficiarias e interesadas poderán facer alegacións e aportar documentos do 12 ao 26 de xullo (ambos os dous incluídos).

As alegacións poderán presentarse:

  • De xeito presencial: Nas oficinas dos Rexistros municipais de María Pita, Ágora, Fórum, Mesoiro e a Franxa con CITA PREVIA 2
  • De forma telemática ou electrónica: Na sede electrónica do Concello da Coruña: https://sede.coruna.gal/sede/gl
  • Por calquera outro medio dos que permite o artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas