Convocatoria de Asemblea Ordinaria

O próximo 19 de maio a xunta da ANPA do CEIP Sal Lence convoca unha asemblea ordinaria.

Día: venres 19 de maio

Hora primeira convocatoria: 16:00h. Segunda convocatoria: 16:30h.

Orde do día:

  • 1) Lectura e aprobación se procede da acta da asemblea anterior.
  • 2) Aprobación da nova cota de socios da ANPA para o novo curso 2023-2024 e sucesivos a 25€ por familia.
  • 3) Seguimento das actuacións para solucionar as deficiencias do centro educativo ante os organismos públicos Xunta de Galicia e Concello da Coruña.
  • 4) Información comedor.
  • 5) Exposición e debate das propostas achegadas polas familias (aquelas familias que teñan suxestións ou propostas para tratar neste punto poden envialas ao correo electrónico da ANPA antes do 16 de maio).
  • 6) Rogos e preguntas.

Dada a importancia e relevancia dos temas a tratar esperamos contar coa presenza de todas as familias.