Exhibición patinaxe

Antes de que finalicen as actividades de Patinaxe e Prepatinaxe, terá lugar unha pequena exhibición para pais e nais.

As familias entrarán no patio pola porta da Rúa Buenavista, durante a última media hora de clase. Por tanto, a hora para que as familias acudan á exhibición será o martes 30 ás 17:30 para 4º-6º Educación Primaria, mércores 31 ás 16:30 para Educación Infantil . e mércores 31 ás 17:30 para 1º-3º Educación Primaria.