Festa fin de curso

O sábado 17 de xuño terá lugar a festa de fin de curso no patio do Sal Lence. As portas estarán abertas desde a 13:00 e haberá mesas para facer pícnic. Desde as 16:00 ata as 19:00, haberá inchables, obradoiros de chapas e tatuaxes, xogos tradicionais, merenda, festa da espuma, rifa de regalos para todas as idades…

O acceso será de balde para os nenos socios e os seus irmáns. Os nenos non socios alumnos do Sal Lence e os invitados de fóra do colexio pagarán 5€/neno. Os adultos acompañantes teñen acceso gratuíto.

É preciso inscribirse antes do 1 de xuño no seguinte formulario bit.ly/findecursosallence

O pago, no caso de ser necesario, realizarase no momento da inscrición por transferencia ao número de conta: ES77 2080 0057 56 3040010824 (indicando no asunto nome e apelidos dos nenos).