Concerto Brais das Hortas

O venres 10 de marzo ás 16:30 gozaremos no Sal Lence do Consertasso na Horta, de Brais das Hortas. A entrada é gratuíta para todos os nenos do colexio e as súas familias, mais será necesario inscribirse no seguinte formulario antes do 3 de marzo: https://forms.gle/SeNHsHddPNqvo1uw5

Durante da semana do concerto concretarase o lugar da actuación.

Postre especial de Carnaval

Os hacemos llegar a continuación un comunicado de Jardanay sobre el rico menú de hoy:

Como bien conocéis y es tradición en Jardanay, hoy vamos a mandar a los niños y niñas un postre especial para sumarnos a la celebración del Carnaval. 

Tenemos una gastronomía muy rica en Galicia y nos encanta promoverla elaborando postres caseros y artesanales que sean típicos de estas fiestas que tanto nos gustan. Este año hemos decidido probar un postre de carnaval diferente y nos hemos lanzado a preparar unas rosquillas de anís al horno.

El equipo de cocina central se ha esforzado mucho para poder preparar un total de 10.200 rosquillas, que se dice pronto, al tiempo que cocinaban el resto de platos del menú. Como siempre, lo han hecho encantadxs y de su parte (y de la de todxs en Jardanay) os enviamos los mejores deseos para que los niños y niñas disfruten del postre.

Aquí tenéis un vídeo de la preparación de las rosquillas: https://www.instagram.com/reel/CovEE6toLmH/?utm_source=ig_web_copy_link

Ya veremos si triunfan más o menos que las tradicionales orejas de Jardanay 🙂

¡Un abrazo y que paséis un Entroido estupendo!

Festa Entroido

Lembrámosvos que mañá venres 17, de 16:00 a 18:00, terá lugar a festa de entroido. Debido a que a previsión metereolóxica é favorable e hai un grande número de inscritos, a festa terá lugar finalmente no patio exterior. Os nenos que van a comedor non poderán pasar directamente á festa, senón que será necesario recollelos antes da 15:45 e entrar pola porta da Rúa Buenavista.

Contaremos con diversos xogos e actividades novos para amenizar a festa.

Durante a festa, venderanse rifas para o sorteo de varios xoguetes, libros e unha cesta con produtos gastronómicos típicos de entroido.

Os nenos deberán permanecer acompañados dun adulto responsable durante toda a festa.

Non haberá actividades extraescolares.

Reunión da ANPA coa Marea

O pasado 3 de febreiro, varias integrantes da directiva da ANPA do CEIP Sal Lence reuníronse coa Marea Atlática no Concello da Coruña, para expoñerlles as melloras que consideramos necesarias para o centro escolar e o seu entorno.

Este grupo político levará as reclamacións da ANPA ao próximo pleno municipal.

Ademais, a devandita reunión tamén tivo repercusión na prensa:

https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2023/02/09/marea-reclamara-pleno-concello-repare-82697815.html

https://www.elespanol.com/quincemil/articulos/actualidad/la-marea-llevara-al-pleno-de-a-coruna-la-falta-de-mantenimiento-del-colegio-sal-lence

https://www.entrenosdigital.com/articulo/coruna-viva/marea-atlantica-levara-pleno-demandas-da-anpa-do-colexio-sal-lence/20230209134453015549.html

https://disinoticias.es/actualidad/el-anpa-del-ceip-sal-lence-denuncia-graves-problemas-de-mantenimiento-en-el-colegio-y-el-comedor/

Anteriormente tivemos reunións co Partido Popular e coa Concellería de Educación da Coruña, que tamén visitou o centro escolar. Seguiremos en contacto con todos os grupos políticos con presenza no Concello da Coruña e na Xunta de Galicia, tanto no goberno coma na oposición, para conseguir que o colexio estea canto antes nas condicións que as nosas familias merecen.

Decoración Carnaval – Manos cartulina

Os pedimos vuestra colaboración para la decoración de Carnaval del colegio.

Necesitamos que dejéis en el buzón del ANPA, el lunes 13 de febrero o antes, la silueta de las manos de los peques recortada en cartulina, con su nombre escrito. El color y la decoración de las manos pueden ser como prefiráis.

¡Muchas gracias a todas las familias por colaborar!

Festa Entroido

O venres 17 de febreiro, de 16:00 a 18:00, vaise celebrar a festa de Entroido no Sal Lence.

O custo será de 1€ por neno non socio (aboarase na entrada) e de balde para familias socias. Os rapaces terán merenda gratis.

Haberá rifas á venda para un sorteo de xoguetes.

É preciso anotarse na seguinte ligazón antes do 8 de febreiro: bit.ly/entroido_sal_lence_2023

O día da festa NON haberá actividades extraescolares.

Os nenos que van a comedor NON poderán acceder directamente á festa. Ten que acudir un adulto responsable a recollelos como tarde ás 15:45 e permanecer con eles durante toda a festa.

Retrasos á hora de recollida

Lembramos ás familias que deben avisar se teñen algunha incidencia e non poden recoller á hora prevista ós alumnos, para tomar as medidas oportunas. De non notificar ao centro escolar, despois do tempo protocolario, darase aviso á policía para que se fagan cargo do menor.