Publicación da listaxe definitiva das bolsas comedor

Infórmasevos de que saíu publicado no taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña a proposta de aprobación definitiva da convocatoria de axudas para o pagamento de comedores escolares no curso 2022/2023 e a apertura do prazo de aceptación ou renuncia.

As persoas beneficiarias que desexan renunciar á bolsa deberán manifestalo expresamente mediante presentación de escrito no rexistro municipal do 10 ao 24 de agosto, ambos incluídos. Transcorrido o prazo sen realizarse a renuncia, entenderase que as persoas beneficiarias aceptan a axuda concedida.

Nesta ligazón podedes consultar toda a información ao respecto: https://www.coruna.gal/servizossociais/gl/noticias/detalle-noticias/bolsas-comedor-2022-23-publicacion-da-listaxe-de-persoas-propostas-definitivamente-como/suceso/1453808108148

Identificación alumnos de infantil que van a comedor

Durante o próximo curso 2022-2023, os alumnos dos tres cursos de Educación Infantil que queden ao comedor do colexio deberán levar como identificación un lazo amarelo.

Os nenos que vaian a comedor diariamente levarano cosido ao mandilón e os que acudan puntualmente levarano atado a un dos ollais do mesmo os días que queden a comer.

Listados provisionais de bolsas comedor 2022-2023

Onte publicouse no taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña o anuncio relativo á proposta provisional de concesión de bolsas para o pago de comedores escolares no curso escolar 2022/2023.

As persoas beneficiarias e interesadas poderán facer alegacións e aportar documentos do 12 ao 26 de xullo (ambos os dous incluídos).

As alegacións poderán presentarse:

  • De xeito presencial: Nas oficinas dos Rexistros municipais de María Pita, Ágora, Fórum, Mesoiro e a Franxa con CITA PREVIA 2
  • De forma telemática ou electrónica: Na sede electrónica do Concello da Coruña: https://sede.coruna.gal/sede/gl
  • Por calquera outro medio dos que permite o artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas

FICHA SOCIO DA ANPA. 2022-2023

Somos a ANPA do CEIP Sal Lence. O noso email de contacto é: apasallence@gmail.com

Nel, tentaremos dar resposta ás vosas dúbidas e/ou suxestións.

Para ser membros da ANPA

  • Cota: 20€ (anual e por familia)
  • Nº Conta: ES77 2080 0057 56 3040010824
  • Cubrir o seguinte formulario (FICHA): https://bit.ly/ficha_socio

Xestionamos

  • Comedor/madrugadores/cambiadores.
  • Actividades extraescolares.
  • Festas, agasallos, eventos, fotografías, orlas…
  • Tramitamos axudas e subvencións para a mellora dos servizos e instalacións.
  • Participamos no consello escolar.
  • Información a través de canles privados.
  • En definitiva, tentamos mellorar o colexio dos nosos nenos.

Como ben sabedes, hai que ser socio da ANPA para ser beneficiario dos servizos de comedor e madrugadores. Este  CURSO 2022-23 para poder participar nas actividades extraescolares ou ser beneficiario do servizo de cambiadores tamén é necesario ser socio da ANPA.

https://forms.gle/H7jZJmcKVHevhSmk7

Reserva Uniformes Curso 2022-2023

Para el curso 2022-2023 la uniformidad del colegio será adquirida en:

DARCOS Z
https://www.darcosz.es/
c/Abegondo, nº 6 (El Castrillón) A Coruña
Teléfono: 981 13 99 97

Reserva:

Os dejamos aquí toda la información.

Formalización da matrícula para o curso 2022/23

As famlias do alumnado admitido no centro formalizarán a súa inscripción na Secretaría do mesmo do 20 ao 30 de xuño, en horario de 10:00 a 11:00 horas. Transcorrido este prazo, entenderase que o alumnado non matriculado renuncia á praza adxudicada.

A documentación a presentar é a seguinte:

  • Anexo III-1 de formalización de matrícula debidamente cuberto e asinado polos dous proxenitores ou titores legais. Deberá ser asinado polas persoas que ostenten no día da data a patria potestade do alumno/a.
  • Fotocopia das follas do Libro de Familia onde figuren os titulares do mesmo e o fillo/a, xunto co orixinal para o seu cotexo.
  • Informe médico ou sanitario orixinal (documento distinto da Cartilla Sanitaria).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria, xunto coa orixinal para o seu cotexo.
  • Dúa fotografías recentes do alumno/a en tamaño carnet.
  • No caso de familias separadas ou en trámites de separación, copia completa da sentencia máis recente dos xulgados na que se reflictan: as situacións de garda e custodia, patria potestade e réxime de visitas de ambos cónxuxes.
  • No caso de alumnado que presente alerxias ou incompatibilidades alimentarias das que o centro deba coñecer información médica específica: copia dos informes médicos que así o acrediten.

Fuente: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsallence/node/1202

Matrícula vindeiro curso 2022/23: LISTAXE PROVISIONA

Os dejamos una información publicada en la web del colegio:


Todos os alumnos/as que presentaron as solicitudes de admisión de matricula para o vindeiro curso 2022-2023 ESTÁN ADMITIDOS na listaxe provisional.

As listaxes definitivas publicaranse no mes de maio.

O prazo para a formalización de matricula do alumnado admitido na lista definitiva (tanto de infantil como de primaria) será do 20 ao 30 de xuño. Se remata o prazo sen facer a formalización perderán a reserva de praza.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsallence/node/1199

Becas comedor curso 2022/23

Convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2022-2023, para o alumnado de centros escolares nos que se imparta segundo ciclo de educación infantil, primaria, ensino secundario obrigatorio, bacharelato e formación profesional, así como dos centros de educación especial sostidos total ou parcialmente con fondos públicos, sempre que estean localizados no termo municipal da Coruña e conten cun comedor autorizado pola consellería competente.

O prazo para a presentación de solicitudes será do 2 ao 31 de marzo, ambos incluídos.

A información e a documentación da convocatoria está dispoñible nos seguintes enlaces do concello:

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/noticias/detalle-noticias/becas-comedor-curso-2022-23/suceso/1453790275121?argIdioma=es

https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/prestaciones/detalle-prestaciones-sociales/ayudas-economicas-a-familias-para-comedores-escolares-beca-comedor/contenido/1370999749815

A solicitude e a documentación a achegar, poderán presentarse, previa cita, (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Franxa e do CCM Mesoiro), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Nesta convocatoria non será necesario achegar o certificado de escolaridade se autoriza coa sinatura á consulta na solicitude e non se opón expresamente a súa consulta.

Todos os listados (requirimentos de corrección, listas provisionais e definitivas…) identificarán a solicitude do menor atendendo ao código de asento de rexistro da solicitude inicial.

ED550B – Admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. Curso 2022-2023

Presentación da solicitude de admisión: do 1 ó 20 de marzo

Deberán ser presentadas na Secretaría do Colexio do 1 ao 21 de marzo, (horario de 9:05 a 9.45 h) debendo ir acompañadas da copia do libro de familia ou documentación acreditativa da idade do alumno,copia DNI, certificado de empadronamento.

Toda la información en:

https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipsallence/system/files/ADMISI%C3%93N%20DO%20ALUMNADO%20PARA%20O%20CURSO%202022-23.pdf