Resultados Orzamentos Participativos

Onte publicáronse as propostas gañadoras dos Orzamentos Participativos 2022 do Concello da Coruña e nesta ocasión non saíron adiante as dúas propostas de mellora do CEIP Sal Lence, xa que outro centro escolar dentro do mesmo distrito acadou máis votos para o seu proxecto de mellora.

A pesar de ser un cole pequeno, entre todos logramos un gran número de votos, polo que queremos agradecer a todas as familias do Sal Lence que apoiaron e compartiron as propostas. Tamén queremos felicitar a aqueles colexios que si resultados seleccionados nos Orzamentos Participativos para levar a cabo as melloras necesarias nos seus centros.

Coma ANPA, seguiremos tentando mellorar esa e outras deficiencias do centro escolar por todas as vías posibles, xa que o consideramos un dereito para os nosos fillos. e animámosvos a que o fagades de forma particular sempre que consideredes. Seguiremos pedindo colaboración cando sexa necesaria.

Grazas a todos!

Orzamentos participativos, hoxe último día

Hoxe 30 de novembro remata o prazo para apoiar a proposta de arranxo da cuberta do Sal Lence nos Orzamentos Participativos do Concello da Coruña. Hoxe pódese votar presencialmente no Ágora (11:00-13:00 e 16:00-19:00) ou por internet en https://bit.ly/vamosaconseguirlacubierta

E ti, votaches? E compartiches?

Necesitamos o apoio de todas as familias do Sal Lence para logralo neste último día dos Orzamentos Participativos. Somos un cole pequeno e todos debemos votar e acadar votos dos nosos amigos, veciños e familia. Lembra que calquera persoa maior de 16 anos e empadroada na Coruña pode votar.

ÚLTIMO ESFORZO PARA CONSEGUIR A CUBERTA

O próximo mércores 30 de novembro remata o prazo para apoiar a proposta de arranxo da cuberta do Sal Lence nos Orzamentos Participativos do Concello da Coruña: https://bit.ly/vamosaconseguirlacubierta

E ti, votaches? E compartiches?

Necesitamos o apoio de todas as familias do Sal Lence para logralo nestes últimos catro días dos Orzamentos Participativos. Somos un cole pequeno e todos debemos votar e acadar votos dos nosos amigos, veciños e familia. Lembra que calquera persona maior de 16 anos e empadronada na Coruña pode votar.

Orzamentos participativos – ¡Estamos na final!

Grazas ao esforzo de todos na fase anterior, as dúas propostas de mellora para o Sal Lence pasaron á final dos Orzamentos Participativos do Concello da Coruña. Agora é o momento de facer un último esforzo.

Como a cada unha das propostas presentadas o Concello asignoulle un orzamento de 150.000 euros, cada cidadán só pode votar a unha candidatura dentro do distrito 7, que é o noso, polo que temos que concentrarnos nunha única proposta das dúas que pasaron á final do CEIP Sal Lence para non diseminar o voto e ter máis probabilidades de que saia adiante.

Na asamblea da ANPA do 18 de novembro, decidiuse que a proposta que imos apoiar sexa o arranxo da cuberta, xa que nos parece prioritario que os nenos non se mollen cando chova.

Nesta última fase dos orzamentos participativos non se poden saber os votos acumulados de cada proposta ata que finalice o prazo. No noso distrito hai outros centros educativos de maior tamaño cos que competimos polo mesmo orzamento e están a implicar moito ás familias e moverse moito en redes sociais. Se non somos os primeiros, a proposta non sae adiante., polo que todos os membros das familias do Sal Lence temos que votar e compartir con familiares, amigos, veciños, comercios, persoal docente e non docente…

O prazo termina o 30 de novembro. Imos conseguilo!

Como se vota? Na web bit.ly/vamosaconseguirlacubierta ou de maneira física en urnas. O martes 29 de novembro haberá urnas para votar no Fórum Metropolitano, de 9:30 a 14:30.

Último día para apoiar as propostas de mellora

Hoxe día 18 é o último día para votar nos orzamentos participativos. Desde a ANPA, temos presentados dúas propostas para mellorar o centro escolar e teñen moitos apoios cidadáns, mais agora mesmo hai outras propostas dentro do mesmo distrito con moitos más votos cos do Sal Lence.

Todos debemos poñer da nosa parte para conseguir estas melloras no noso centro escolar, e para iso cada voto conta: pais, nais, avós, tíos, amigos, profesores e otros traballadores do cole… Todos os empadroados no Concello da Coruña poden votar.

As dúas propostas son as seguintes:

Por favor, apoiádeas e difundídeas para que se fagan realidade.