Campacoles e Summer Talk 2023

A Federación Provincial de ANPAs pon en marcha estes dous programas de conciliación para o verán 2023. A preinscrición realizarase do 22 ao 24 de maio na seguinte ligazón: http://www.fedapascoruna.org/inscripciones/

CAMPACOLES

Persoas destinatarias: escolares matriculados/as nos CEIP do Concello da Coruña no actual curso 22/23

Datas: do 26 de xuño ao 28 de xullo en 5 quendas de 5 días

Horario: de luns a venres en horario de mañá

Prezo: entre 20 e 28 euros

Prazas: 1.800 prazas

SUMMER TALK

Summer Talk é un programa de actividades de dinamización para a mellora da expresión e comprensión oral da lingua inglesa. As actividades realizaranse a través de propostas lúdicas de carácter multidisciplinar, para potenciar o desenvolvemento da capacidade de escoita comprensiva e a expresión oral en inglés.

Persoas destinatarias: escolares matriculados/as nos cursos 1.º a 6.º de Educación primaria e 1.º a 3.º de ESO en centros públicos do Concello da Coruña no curso 22/23

Datas: do 26 de xuño ao 28 de xullo en 5 quendas de 5 días

Horario: de luns a venres en horario de mañá

Prezo: 20 euros

Horario: de 10 a 14h. Non hai servizo de madrugadores nin de comedor.

Prazas: 225 prazas (15 por quenda e centro)

Levaranse a cabo nos seguintes centros:

  • CEIP San Francisco Javier para escolares de 1º a 3º de Ed. Primaria
  • CEIP San Pedro de Visma para escolares de 4º a 6º de Ed. Primaria
  • IES Ramón Menéndez Pidal para escolares de 1º a 3º de ESO