Convocatoria para a solicitude de bolsas para comedores escolares de alumnado, que acuda a centros educativos sostidos, total ou parcialmente, con fondos públicos.
A quen vai dirixido?:
Ao alumnado dos centros de educación infantil e primaria (CEIP), dos institutos de ensino secundario (IES) e formación profesional e dos centros de educación especial sostidos total ou parcialmente con fondos públicos (CEE), sempre que estean localizados no termo municipal da Coruña e presten o servizo de comedor, cando reúna os demais requisitos que esixe esta convocatoria.
Cando:
Dende o 01/06/2020 ata o 12/06/2020
En todo caso, se as circunstancias o requiren e para facilitar ao máximo o proceso de solicitude, propoñerase a ampliación do prazo para a súa aprobación pola Xunta de Goberno Local, o que se informará oportunamente polos medios habituais.
Inscricións:
Dende o 01/06/2020 ata o 12/06/2020
Requisitos:
Presentar:
- Solicitude debidamente cuberta
- Anexo I debidamente cuberto
- Anexo II debidamente cuberto
- Anexo III debidamente cuberto
- Anexo IV debidamente cuberto
- Anexo V debidamente cuberto
- Libro de Familia ou documento equivalente que acredite a filiación ou representación legal. Nos casos en que o pai ou a nai non convivan, copia da sentenza ou convenio regulador que conteña as medidas paterno-filiais aprobadas xudicialmente.
- Certificado escolar, ou copia da matrícula ou folla de solicitude da matrícula.
- Igualmente no caso de opoñerse á consulta deberanse achegar coa solicitude os documentos sinalados na base 10.2 da convocatoria.
- O propio modelo normalizado de solicitude contén un apartado específico onde as persoas interesadas poderán alegar outras circunstancias valorables para a concesión da bolsa de comedor. Estas circunstancias débense achegar cos documentos que as proben, e que están enumerados na base 10.3 da convocatoria.
Páxina web:
https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2020/03/20/2020_0000002109.pdf
Organizador:
Concello da Coruña