Confirmación actividades Inglés e Judo

Tanto a actividade de Inglés como a de Judo tiveron as suficientes inscricións como para formar grupos, polo que todos os nenos apuntados teñen praza.

De Inglés, Nottingham enviará un email ás familias, coa confirmación de praza e indicando medio de pago.

De Judo, as familias xa dispoñen de información de pago na solicitude que cubriron. Nos próximos días publicaremos unha actualización co cuadrante definitivo das actividades de Federación.

Número inscritos actividades Federación (actualización)

Indicamos a continuación o número aproximado e provisional de inscritos a día de hoxe (sábado 17 de setembro) nas actividades extraescolares ofertadas pola Federación de ANPAS.

O número mínimo de nenos para formar grupo é de 10 e o prazo de inscrición termina este domingo 18.

Educación Infantil

  • Prepatinaxe (L/Me 16:00-17:00): 21 (fórmase grupo)
  • Xogos Rítmicos (Ma/X 16:00-17:00): 21 (fórmase grupo)
  • Proxectos (V 16:00-18:00): 11 (fórmase grupo)
  • Comecocos (Ma/X 17:00-18:00): 12 (fórmase grupo)
  • Colorín Colorado (L/Me 17:00-18:00) : 11 (fórmase grupo)
  • Predeporte (L/Me 16:00-17:00): 9 (pendende)

Educación Primaria

  • Atletismo (1º e 2º) (Ma/X 16:00-17:00): 12 (fórmase grupo)
  • Atletismo (3º e 4º) (L/Me 17:00-18:00: 4 (pendente)
  • Atletismo (5º e 6º) (L/Me 16:00-17:00): 7 (pendente)
  • Patinaxe (1º – 3º) (L/Me 17:00-18:00): 28 (fórmase grupo)
  • Patinaxe (4º – 6º) (Ma/X 17:00-18:00): 10 (fórmase grupo)
  • Proxectos (1º – 3º): (V 16:00-18:00): 11 (fórmase grupo)
  • Proxectos (4º – 6º): (V 16:00-18:00): 2 (pendente)
  • Xenios (1º – 3º) (Ma/X 16:00-17:00): 10 (fórmase grupo)
  • Ritmo (1º – 3º): (Ma/X 17:00-18:00): 14 (fórmase grupo)
  • Baile Moderno (4º – 6º) (L/Me 17:00-18:00): 10 (fórmase grupo)
  • Teatro (1º – 3º) (L/Me 16:00-17:00): 12 (fórmase grupo)
  • Escape Room (4º – 6º) (L/Me 16:00-17:00): 7 (pendente)
  • Escola de Maxia (4º – 6º): (Ma/X 16:00-17:00): 4 (pendente)

Número de inscritos actividades Federación

Detallamos a continuación o número aproximado e provisional de inscritos a día de hoxe (venres 16 de setembro) nas actividades extraescolares ofertadas pola Federación de ANPAS.

O número mínimo de cativos para formar grupo é de 10 e o prazo de inscrición termina este domingo 18.

Educación Infantil

  • Prepatinaxe (L/Me 16:00-17:00): 18 (fórmase grupo)
  • Xogos Rítmicos (Ma/X 16:00-17:00): 15 (fórmase grupo)
  • Proxectos (V 16:00-18:00): 11 (fórmase grupo)
  • Comecocos (Ma/X 17:00-18:00): 11 (fórmase grupo)
  • Colorín Colorado (L/Me 17:00-18:00) : 10 (fórmase grupo)
  • Predeporte (L/Me 16:00-17:00): 5 (pendende)

Educación Primaria

  • Atletismo (1º e 2) (Ma/X 16:00-17:00): 10 (fórmase grupo)
  • Atletismo (3º e 4º) (L/Me 17:00-18:00: 4 (pendente)
  • Atletismo (5º e 6º) (L/Me 16:00-17:00): 7 (pendente)
  • Patinaxe (1º – 3º) (L/Me 17:00-18:00): 27 (fórmase grupo)
  • Patinaxe (4º – 6º) (Ma/X 17:00-18:00): 9 (pendente)
  • Proxectos (1º – 3º): (V 16:00-18:00): 9 (pendente)
  • Proxectos (4º – 6º): (V 16:00-18:00): 2 (pendente)
  • Xenios (1º – 3º) (Ma/X 16:00-17:00): 10 (fórmase grupo)
  • Ritmo (1º – 3º): (Ma/X 17:00-18:00): 14 (fórmase grupo)
  • Baile Moderno (4º – 6º) (L/Me 17:00-18:00): 10 (fórmase grupo)
  • Teatro (1º – 3º) (L/Me 16:00-17:00): 11 (fórmase grupo)
  • Escape Room (4º – 6º ) (L/Me 16:00-17:00): 4 (pendente)
  • Escola de Maxia (4º – 6º): (Ma/X 16:00-17:00): 3 (pendente)

Erro no cadrante de actividades

Detectouse un erro no cadro de actividades de Federación. A actividade Baile Moderno de 4º E.P. aparece duplicada: luns e mércoles de 16:00 a 17:00 e luns e mércores de 17:00 a 18:00. O horario correcto para este grupo é luns e mércoles de 17:00 a 18:00. Os nenos que xa están apuntados serán avisados.

Como aclaración xeral, as actividades extraescolares divídense en tres grupos: Educación Infantil, 1º-3º Educación Primaria e 4º-6º Educación Primaria. Só hai dúas excepcións: Atletismo e Inglés, nas que consideramos que a diferencia de idade pode ser importante e separamos en catro grupos: E.I., 1º-2º E.P., 3º-4º E.P. e 5º-6º E.P. No caso de non haber suficientes inscricións para formar grupo nalgunha destas actividades, pódense reubicar aos nenos noutros grupos de idade similares, previa comunicación coas familias.

Programa Municipal de Natación Escolar 2022/23

Desde a Consellería de Deportes do Concello da Coruña infórmannos do inicio do Programa de Natación Escolar en centros educativos públicos.

1. A Campaña de Natación Escolar, organizada polo Servizo municipal de Deportes, vai dirixida exclusivamente aos escolares do 2º ciclo de Ed. Primaria (3º e 4º curso) de Centros Públicos.

2. O número de prazas ofertadas é de dez.

3. A campaña levarase a cabo na Piscina de San Diego os xoves de 16:45 a 17:30 (recollida no Sal Lence 16:25, entrega 17:50)

4. O Servicio Municipal de Deportes, comunica que tentarase manter o horario indicado, podendo haber modificacións segundo as variacións que se poidan producir na matriculación do alumnado.

5. Tomarase o centro educativo como referencia para a recollida e entrega dos escolares ás familias. Para que se poida levar a cabo a actividade terase que facer responsable dos escolares un ou varios dos pais que leven ós seus fillos á actividade.

6. O custo por alumno é de 53,47€. Esta cota inclúe o traslado dende o centro e a cobertura sanitaria.

7. O prazo de inscrición para os escolares comeza o 12 e remata o 23 de setembro.

8. A inscrición e pago poderase realizar por orden de chegada, entregando a folla de inscrición debidamente cuberta nas oficinas do C.D.M. de San Diego. Achegarase tamén:

  • Copia do DNI do neno e, se non a tivese, copia do Libro de Familia.
  • Copia do DNI do pai ou nai

9. A data prevista de comezo será o 3 de outubro.

Seguro comedor

Lembramos ós usuarios de comedor, incluídos os bolseiros, que deben aboar á empresa Jardanay o seguro de accidentes, cun importe de 8 euros ao ano por persoa. Este importe vai no primeiro recibo do curso; os bolseiros poden pagalo en man no comedor, daráselles recibo.

Comezo de Conciliaxogos

Co arranque do curso escolar, comeza a actividade de Conciliaxogos.

O horario é de 16:00 a 17:00 / 18:00. As entradas e saídas faranse pola porta principal.

O cadrante de actividades previstas é o seguinte:

Retomamos cepillado dentes e novo menú comedor


Para este novo curso, no comedor escolar do Sal Lence retomamos a rutina do cepillado de dentes tras as comidas, tanto despois do almorzo (madrugadores) como do xantar. Para iso, todos os usuarios destes servizos deberán levar un estoxo pequeno con cepillo e pasta. Cada dúas semanas, o levarán a casa para a súa limpeza.

Ao igual que en cursos anteriores, tanto a entrada de madrugadores como as saídas do comedor efectuaranse pola porta principal. Os horarios son:

  • Madrugadores: de 07:30 a 9:00, hora tope de entrada para o almorzo 08:15. O peche de portas é ás 08:50.
  • Saídas do comedor: 15:15 e 15:45

Achegamos a continuación o menú do primeiro trimestre do curso escolar 2022-2023.