Actividades extraescolares 2022-2023

Publicamos a continuación a proposta provisional de actividades extraescolares deseñada para o curso escolar 2022-2023.

Estas actividades realizaránse desde octubre 2022 a maio 2023. Lembrámosvos de novo que, para participar nelas, as familias deben ser socias da AMPA.

As actividades extraescolares divídense en tres grupos: Educación Infantil, 1º-3º Educación Primaria e 4º-6º Educación Primaria. Só hai dúas excepcións: Atletismo e Inglés, nas que consideramos que a diferencia de idade pode ser importante e separamos en catro grupos: E.I., 1º-2º E.P., 3º-4º E.P. e 5º-6º E.P. No caso de non haber suficientes inscricións para formar grupo nalgunha destas actividades, pódense reubicar aos nenos noutros grupos de idade similares, previa comunicación coas familias.

INGLÉS

  • Impartido pola academia Nottingham nas instalacións do Sal Lence.
  • Prazo de inscrición: do 12 ao 18 de setembro
  • A inscrición farase en liña a través da seguinte ligazón: Nottingham School of English – Academia de Inglés en A Coruña (nottinghamenglish.com)
  • Mínimo 6 e máximo 10 escolares por grupo.
  • Cotas mensuais a aboar por alumno (por transferencia mensual á academia):
    • Os alumnos de 5º e 6º de infantil poderán escoller entre unha e dúas horas semanais. Os de 4º de infantil só terán a opción de unha hora e os de primaria só poderán escoller dúas horas.
    • Unha hora semanal: 25€
    • Dúas horas semanais: 40€
    • Seguro incluído no prezo

JUDO

  • Impartido por Judo Club Coruña.
  • Alumnos de 5º e 6º de infantil e primaria.
  • Prazo: desde hoxe ata o 18 de setembro.
  • As familias interesadas deberán imprimir e cubrir o seguinte pdf e deixalo no buzón da ANPA.
  • Dúas horas semanais: 29€ + licencia anual da Federación Galega de Judo (consultar con Judo Club Coruña).
  • Pago por domiciliación bancaria.

ACTIVIDADES FEDERACIÓN

  • Prazo de inscrición: do 12 ao 18 de setembro
  • A inscrición farase en liña a través da seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones
  • Mínimo 10 escolares para formar grupo. De non chegar a este número, a actividade non se ofertará finalmente.
  • Cotas trimestrais a aboar por participante e actividade (condicións especiais para os bolseiros de comedor):
    • Período outubro-decembro: 15€
    • Período xaneiro-marzo: 15€
    • Período abril-maio: 10€

O pago das actividades farase por cargo na conta bancaria por parte da Federación.

Todos os escolares inscritos (incluídos os bolseiros) aboarán unha única cota anual de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura a todos os programas de lecer xestionadas pola Federación de Anpas para o curso 22/23. O pago do seguro realizarase por cargo na conta bancaria.

Algunhas das novidades deste curso son:

COLORÍN COLORADO. Contacontos

Actividade de contacontos que fomenta o gusto pola lectura á vez que potencia a imaxinación, curiosidade e a creatividade introducíndoos noutros mundos: reais ou fantásticos. Os contos, historias ou poemas permitirán expresarnos oral e corporalmente; inventando e recreando novos contos e personaxes, apropiándonos das palabras e desenvolvendo así valores estéticos e éticos.

COMECOCOS (E.I.) e XENIOS (E.P.). Xogos de Lóxica Matemática

A través da variedade de xogos de lóxica matemática como crebacabezas, ilusións ópticas, parellas, enigmas ou xogos de taboleiro, desenvolveranse habilidades cognitivas como a observación, atención, comprensión, memoria, organización, toma de decisións, xestión emocional e velocidade de pensamento.

XOGOS RÍTMICOS (E.I) e RITMO (E.P).

Propostas lúdicas relacionadas co ritmo, a música e o movemento.

PROXECTOS. Traballo multidisciplinar por proxectos.

É unha actividade na que partindo dun centro de interese, os nenos xerarán a súa propia aprendizaxe a través da indagación/investigación e experimentación, fomentando á vez o espírito crítico e o traballo en grupo. Desenvolveranse diferentes contidos coma a expresión plástica, musical, corporal e teatral, a animación á lectura, a lóxica matemática, a actividade motriz, etc. A temática cambiará cada trimestre.