Publicamos a continuación a proposta provisional de actividades extraescolares deseñada para o curso escolar 2022-2023.
Estas actividades realizaránse desde octubre 2022 a maio 2023. Lembrámosvos de novo que, para participar nelas, as familias deben ser socias da AMPA.
As actividades extraescolares divídense en tres grupos: Educación Infantil, 1º-3º Educación Primaria e 4º-6º Educación Primaria. Só hai dúas excepcións: Atletismo e Inglés, nas que consideramos que a diferencia de idade pode ser importante e separamos en catro grupos: E.I., 1º-2º E.P., 3º-4º E.P. e 5º-6º E.P. No caso de non haber suficientes inscricións para formar grupo nalgunha destas actividades, pódense reubicar aos nenos noutros grupos de idade similares, previa comunicación coas familias.
INGLÉS
- Impartido pola academia Nottingham nas instalacións do Sal Lence.
- Prazo de inscrición: do 12 ao 18 de setembro
- A inscrición farase en liña a través da seguinte ligazón: Nottingham School of English – Academia de Inglés en A Coruña (nottinghamenglish.com)
- Mínimo 6 e máximo 10 escolares por grupo.
- Cotas mensuais a aboar por alumno (por transferencia mensual á academia):
- Os alumnos de 5º e 6º de infantil poderán escoller entre unha e dúas horas semanais. Os de 4º de infantil só terán a opción de unha hora e os de primaria só poderán escoller dúas horas.
- Unha hora semanal: 25€
- Dúas horas semanais: 40€
- Seguro incluído no prezo
JUDO
- Impartido por Judo Club Coruña.
- Alumnos de 5º e 6º de infantil e primaria.
- Prazo: desde hoxe ata o 18 de setembro.
- As familias interesadas deberán imprimir e cubrir o seguinte pdf e deixalo no buzón da ANPA.
- Dúas horas semanais: 29€ + licencia anual da Federación Galega de Judo (consultar con Judo Club Coruña).
- Pago por domiciliación bancaria.
ACTIVIDADES FEDERACIÓN
- Prazo de inscrición: do 12 ao 18 de setembro
- A inscrición farase en liña a través da seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones
- Mínimo 10 escolares para formar grupo. De non chegar a este número, a actividade non se ofertará finalmente.
- Cotas trimestrais a aboar por participante e actividade (condicións especiais para os bolseiros de comedor):
- Período outubro-decembro: 15€
- Período xaneiro-marzo: 15€
- Período abril-maio: 10€
O pago das actividades farase por cargo na conta bancaria por parte da Federación.
Todos os escolares inscritos (incluídos os bolseiros) aboarán unha única cota anual de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura a todos os programas de lecer xestionadas pola Federación de Anpas para o curso 22/23. O pago do seguro realizarase por cargo na conta bancaria.
Algunhas das novidades deste curso son:
COLORÍN COLORADO. Contacontos
Actividade de contacontos que fomenta o gusto pola lectura á vez que potencia a imaxinación, curiosidade e a creatividade introducíndoos noutros mundos: reais ou fantásticos. Os contos, historias ou poemas permitirán expresarnos oral e corporalmente; inventando e recreando novos contos e personaxes, apropiándonos das palabras e desenvolvendo así valores estéticos e éticos.
COMECOCOS (E.I.) e XENIOS (E.P.). Xogos de Lóxica Matemática
A través da variedade de xogos de lóxica matemática como crebacabezas, ilusións ópticas, parellas, enigmas ou xogos de taboleiro, desenvolveranse habilidades cognitivas como a observación, atención, comprensión, memoria, organización, toma de decisións, xestión emocional e velocidade de pensamento.
XOGOS RÍTMICOS (E.I) e RITMO (E.P).
Propostas lúdicas relacionadas co ritmo, a música e o movemento.
PROXECTOS. Traballo multidisciplinar por proxectos.
É unha actividade na que partindo dun centro de interese, os nenos xerarán a súa propia aprendizaxe a través da indagación/investigación e experimentación, fomentando á vez o espírito crítico e o traballo en grupo. Desenvolveranse diferentes contidos coma a expresión plástica, musical, corporal e teatral, a animación á lectura, a lóxica matemática, a actividade motriz, etc. A temática cambiará cada trimestre.