Este domingo, 18 de setembro, e o último día de inscrición para as actividades extraescolares do curso 2022-2023.
Nesta publicación anterior está o detalle da oferta, prezos e prazos:
Actividades extraescolares auspiciadas por la
Federación Provincial de ANPAS de Centros Públicos de A Coruña
Este domingo, 18 de setembro, e o último día de inscrición para as actividades extraescolares do curso 2022-2023.
Nesta publicación anterior está o detalle da oferta, prezos e prazos:
Detectouse un erro no cadro de actividades de Federación. A actividade Baile Moderno de 4º E.P. aparece duplicada: luns e mércoles de 16:00 a 17:00 e luns e mércores de 17:00 a 18:00. O horario correcto para este grupo é luns e mércoles de 17:00 a 18:00. Os nenos que xa están apuntados serán avisados.
Como aclaración xeral, as actividades extraescolares divídense en tres grupos: Educación Infantil, 1º-3º Educación Primaria e 4º-6º Educación Primaria. Só hai dúas excepcións: Atletismo e Inglés, nas que consideramos que a diferencia de idade pode ser importante e separamos en catro grupos: E.I., 1º-2º E.P., 3º-4º E.P. e 5º-6º E.P. No caso de non haber suficientes inscricións para formar grupo nalgunha destas actividades, pódense reubicar aos nenos noutros grupos de idade similares, previa comunicación coas familias.
Hoxe, 12 de setembro, abre a inscrición para as actividades escolares, tanto as ofertadas pola Federación de ANPAS como Inglés e Judo. O último día é o 18 de setembro.
Nesta publicación anterior está o detalle da oferta, prezos e prazos:
Co arranque do curso escolar, comeza a actividade de Conciliaxogos.
O horario é de 16:00 a 17:00 / 18:00. As entradas e saídas faranse pola porta principal.
O cadrante de actividades previstas é o seguinte:
Lembrámosvos que o próximo luns día 5 de setembro é o último día de inscripción para os Conciliaxogos do mes de setembro que oferta no Sal Lence a empresa Xogos da Amizade: https://forms.gle/1wwuV2weNdm6eZY69
Publicamos a continuación a proposta provisional de actividades extraescolares deseñada para o curso escolar 2022-2023.
Estas actividades realizaránse desde octubre 2022 a maio 2023. Lembrámosvos de novo que, para participar nelas, as familias deben ser socias da AMPA.
As actividades extraescolares divídense en tres grupos: Educación Infantil, 1º-3º Educación Primaria e 4º-6º Educación Primaria. Só hai dúas excepcións: Atletismo e Inglés, nas que consideramos que a diferencia de idade pode ser importante e separamos en catro grupos: E.I., 1º-2º E.P., 3º-4º E.P. e 5º-6º E.P. No caso de non haber suficientes inscricións para formar grupo nalgunha destas actividades, pódense reubicar aos nenos noutros grupos de idade similares, previa comunicación coas familias.
O pago das actividades farase por cargo na conta bancaria por parte da Federación.
Todos os escolares inscritos (incluídos os bolseiros) aboarán unha única cota anual de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura a todos os programas de lecer xestionadas pola Federación de Anpas para o curso 22/23. O pago do seguro realizarase por cargo na conta bancaria.
Algunhas das novidades deste curso son:
Actividade de contacontos que fomenta o gusto pola lectura á vez que potencia a imaxinación, curiosidade e a creatividade introducíndoos noutros mundos: reais ou fantásticos. Os contos, historias ou poemas permitirán expresarnos oral e corporalmente; inventando e recreando novos contos e personaxes, apropiándonos das palabras e desenvolvendo así valores estéticos e éticos.
A través da variedade de xogos de lóxica matemática como crebacabezas, ilusións ópticas, parellas, enigmas ou xogos de taboleiro, desenvolveranse habilidades cognitivas como a observación, atención, comprensión, memoria, organización, toma de decisións, xestión emocional e velocidade de pensamento.
Propostas lúdicas relacionadas co ritmo, a música e o movemento.
É unha actividade na que partindo dun centro de interese, os nenos xerarán a súa propia aprendizaxe a través da indagación/investigación e experimentación, fomentando á vez o espírito crítico e o traballo en grupo. Desenvolveranse diferentes contidos coma a expresión plástica, musical, corporal e teatral, a animación á lectura, a lóxica matemática, a actividade motriz, etc. A temática cambiará cada trimestre.
Hoxe comeza a inscrición para os Conciliaxogos do mes de setembro que oferta no Sal Lence a empresa Xogos da Amizade: https://forms.gle/1wwuV2weNdm6eZY69
Teredes de plazo para apuntar aos vosos nenos desde hoxe ata o 5 de setembro.
Informámosvos de que a Federación de ANPAS non ofertará o programa Cóxegas no mes de setembro. No seu lugar, as familias do Sal Lence que o desexen terán a opción de conciliación no colexio coa empresa Xogos da Amizade.
A partir de o mes de outubro darán comezo as actividades extraescolares, ata maio de 2023.
Os dejamos un correo recibido de la Federación de ANPAs de Centros Públicos da Provincia da Coruña solicitando información para organizar las actividades del próximo curso:
Estamos a organizar a oferta de actividades que se van a ofertar para o próximo curso, e por iso rogámosvos encarecidamente que fagades chegar ás familias, polos medios que dispoñades (páxina web, blog, email, redes sociais..) o formulario que aparece no link . A nosa finalidade é recoller a maior información posible para coñecer as necesidades reais de cada Centro en canto a días de maior número de usuarios, as franxas horarias con máis demanda, etc, e poder así facervos unha oferta de actividades extraescolares máis concreta e adaptada á realidade que se mostre no voso colexio; sempre coa finalidade de chegar ao maior número de escolares e que a oferta sexa lúdica e educativa.
https://forms.gle/RWDKJZuQUhksXc6YA
Moitas grazas. Un saúdo
Federación Prov. ANPAS
A Coruña
Os informamos que mañana 01 de octubre darán comienzo las actividades extraescolares en el colegio. La Federación de ANPAS de A Coruña ya envió un correo a todos los asistentes.
Las actividades deportivas entrarán y saldrán por el portalón trasero. El resto de actividades entrarán y saldrán por las puertas de la Avenida Oza de la siguiente forma: Infantil por la puerta principal y Primer y Segundo Ciclo de Primaria por la puerta de las escaleras.