Programa Municipal de Natación Escolar 2022/23

Desde a Consellería de Deportes do Concello da Coruña infórmannos do inicio do Programa de Natación Escolar en centros educativos públicos.

1. A Campaña de Natación Escolar, organizada polo Servizo municipal de Deportes, vai dirixida exclusivamente aos escolares do 2º ciclo de Ed. Primaria (3º e 4º curso) de Centros Públicos.

2. O número de prazas ofertadas é de dez.

3. A campaña levarase a cabo na Piscina de San Diego os xoves de 16:45 a 17:30 (recollida no Sal Lence 16:25, entrega 17:50)

4. O Servicio Municipal de Deportes, comunica que tentarase manter o horario indicado, podendo haber modificacións segundo as variacións que se poidan producir na matriculación do alumnado.

5. Tomarase o centro educativo como referencia para a recollida e entrega dos escolares ás familias. Para que se poida levar a cabo a actividade terase que facer responsable dos escolares un ou varios dos pais que leven ós seus fillos á actividade.

6. O custo por alumno é de 53,47€. Esta cota inclúe o traslado dende o centro e a cobertura sanitaria.

7. O prazo de inscrición para os escolares comeza o 12 e remata o 23 de setembro.

8. A inscrición e pago poderase realizar por orden de chegada, entregando a folla de inscrición debidamente cuberta nas oficinas do C.D.M. de San Diego. Achegarase tamén:

  • Copia do DNI do neno e, se non a tivese, copia do Libro de Familia.
  • Copia do DNI do pai ou nai

9. A data prevista de comezo será o 3 de outubro.

Comezo de Conciliaxogos

Co arranque do curso escolar, comeza a actividade de Conciliaxogos.

O horario é de 16:00 a 17:00 / 18:00. As entradas e saídas faranse pola porta principal.

O cadrante de actividades previstas é o seguinte:

Conciliaxogos setembro – Últimos días inscricións

​​Lembrámosvos que o próximo luns día 5 de setembro é o último día de inscripción para os Conciliaxogos do mes de setembro ​​que oferta no Sal Lence a empresa Xogos d​a​ Amizade: https://forms.gle/1wwuV2weNdm6eZY69

  • De luns a venres, desde o 8 ao 30 de setembro
  • Horario: 16:00 a 18:00 (opción de unha ou dúas horas).
  • Prezo:
  • 16:00 a 17:00: 20€
  • 16:00 a 18:00: 38€
  • Seguro de accidentes (obrigatorio): 3€
  • Para poder participar, é requisito imprescindible ser socios da ANPA. https://bit.ly/ficha_socio

Actividades extraescolares 2022-2023

Publicamos a continuación a proposta provisional de actividades extraescolares deseñada para o curso escolar 2022-2023.

Estas actividades realizaránse desde octubre 2022 a maio 2023. Lembrámosvos de novo que, para participar nelas, as familias deben ser socias da AMPA.

As actividades extraescolares divídense en tres grupos: Educación Infantil, 1º-3º Educación Primaria e 4º-6º Educación Primaria. Só hai dúas excepcións: Atletismo e Inglés, nas que consideramos que a diferencia de idade pode ser importante e separamos en catro grupos: E.I., 1º-2º E.P., 3º-4º E.P. e 5º-6º E.P. No caso de non haber suficientes inscricións para formar grupo nalgunha destas actividades, pódense reubicar aos nenos noutros grupos de idade similares, previa comunicación coas familias.

INGLÉS

  • Impartido pola academia Nottingham nas instalacións do Sal Lence.
  • Prazo de inscrición: do 12 ao 18 de setembro
  • A inscrición farase en liña a través da seguinte ligazón: Nottingham School of English – Academia de Inglés en A Coruña (nottinghamenglish.com)
  • Mínimo 6 e máximo 10 escolares por grupo.
  • Cotas mensuais a aboar por alumno (por transferencia mensual á academia):
    • Os alumnos de 5º e 6º de infantil poderán escoller entre unha e dúas horas semanais. Os de 4º de infantil só terán a opción de unha hora e os de primaria só poderán escoller dúas horas.
    • Unha hora semanal: 25€
    • Dúas horas semanais: 40€
    • Seguro incluído no prezo

JUDO

  • Impartido por Judo Club Coruña.
  • Alumnos de 5º e 6º de infantil e primaria.
  • Prazo: desde hoxe ata o 18 de setembro.
  • As familias interesadas deberán imprimir e cubrir o seguinte pdf e deixalo no buzón da ANPA.
  • Dúas horas semanais: 29€ + licencia anual da Federación Galega de Judo (consultar con Judo Club Coruña).
  • Pago por domiciliación bancaria.

ACTIVIDADES FEDERACIÓN

  • Prazo de inscrición: do 12 ao 18 de setembro
  • A inscrición farase en liña a través da seguinte ligazón: www.fedapascoruna.org/inscripciones
  • Mínimo 10 escolares para formar grupo. De non chegar a este número, a actividade non se ofertará finalmente.
  • Cotas trimestrais a aboar por participante e actividade (condicións especiais para os bolseiros de comedor):
    • Período outubro-decembro: 15€
    • Período xaneiro-marzo: 15€
    • Período abril-maio: 10€

O pago das actividades farase por cargo na conta bancaria por parte da Federación.

Todos os escolares inscritos (incluídos os bolseiros) aboarán unha única cota anual de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura a todos os programas de lecer xestionadas pola Federación de Anpas para o curso 22/23. O pago do seguro realizarase por cargo na conta bancaria.

Algunhas das novidades deste curso son:

COLORÍN COLORADO. Contacontos

Actividade de contacontos que fomenta o gusto pola lectura á vez que potencia a imaxinación, curiosidade e a creatividade introducíndoos noutros mundos: reais ou fantásticos. Os contos, historias ou poemas permitirán expresarnos oral e corporalmente; inventando e recreando novos contos e personaxes, apropiándonos das palabras e desenvolvendo así valores estéticos e éticos.

COMECOCOS (E.I.) e XENIOS (E.P.). Xogos de Lóxica Matemática

A través da variedade de xogos de lóxica matemática como crebacabezas, ilusións ópticas, parellas, enigmas ou xogos de taboleiro, desenvolveranse habilidades cognitivas como a observación, atención, comprensión, memoria, organización, toma de decisións, xestión emocional e velocidade de pensamento.

XOGOS RÍTMICOS (E.I) e RITMO (E.P).

Propostas lúdicas relacionadas co ritmo, a música e o movemento.

PROXECTOS. Traballo multidisciplinar por proxectos.

É unha actividade na que partindo dun centro de interese, os nenos xerarán a súa propia aprendizaxe a través da indagación/investigación e experimentación, fomentando á vez o espírito crítico e o traballo en grupo. Desenvolveranse diferentes contidos coma a expresión plástica, musical, corporal e teatral, a animación á lectura, a lóxica matemática, a actividade motriz, etc. A temática cambiará cada trimestre.

Conciliaxogos setembro – Comezo inscricións

​​Hoxe comeza a inscrición para os Conciliaxogos do mes de setembro ​​que oferta no Sal Lence a empresa Xogos d​a​ Amizade: https://forms.gle/1wwuV2weNdm6eZY69

  • De luns a venres, desde o 8 ao 30 de setembro
  • Horario: 16:00 a 18:00 (opción de unha ou dúas horas).
  • Prezo:
  • 16:00 a 17:00: 20€
  • 16:00 a 18:00: 38€
  • Seguro de accidentes (obrigatorio): 3€
  • Para poder participar, é requisito imprescindible ser socios da ANPA. https://bit.ly/ficha_socio

Teredes de plazo para apuntar aos vosos nenos desde hoxe ata o 5 de setembro.

Conciliaxogos setembro

​​Informámosvos de que a Federación de A​NPAS ​non ofertará o programa Cóxegas no mes de setembro.  No seu lugar, as familias do Sal Lence que o desexen terán a opción de conciliación ​no colexio ​​coa empresa Xogos d​a​ Amizade.

  • De luns a venres, desde o 8 ao 30 de setembro
  • Horario: 16:00 a 18:00 (opción de unha ou dúas horas).
  • Prezo:
    • 16:00 a 17:00: 20€
    • 16:00 a 18:00: 38€
    • Seguro de accidentes (obrigatorio): 3€
  • Inscrición do 22 de agosto ao 5 de setembro
  • Para poder participar, é requisito imprescindible ser socios da ANPA. https://bit.ly/ficha_socio

A partir de o mes de outubro darán comezo as actividades extraescolares, ata maio de 2023.

Cartaz Xogos da Amizade Sal Lence
Cadrante actividades

Federación Provincial de ANPAS – Solicitud de información

Os dejamos un correo recibido de la Federación de ANPAs de Centros Públicos da Provincia da Coruña solicitando información para organizar las actividades del próximo curso:

Estamos a organizar a oferta de actividades que se van a ofertar para o próximo curso, e por iso rogámosvos encarecidamente que fagades chegar ás familias, polos medios que dispoñades (páxina web, blog, email, redes sociais..) o formulario que aparece no link . A nosa finalidade é recoller a maior información posible para coñecer as necesidades reais de cada Centro en canto a días de maior número de usuarios, as franxas horarias con máis demanda, etc, e poder así facervos unha oferta de actividades extraescolares máis concreta e adaptada á realidade que se mostre no voso colexio; sempre coa finalidade de chegar ao maior número de escolares e que a  oferta sexa lúdica e educativa.

https://forms.gle/RWDKJZuQUhksXc6YA

Moitas grazas. Un saúdo

Federación Prov. ANPAS

A Coruña

Salidas Comedor y Cóxegas miércoles 22/06/2022

Os comentamos que el próximo miércoles 22/06/2022 las salidas del Comedor y el programa Coxegas serán por la puerta trasera del colegio (pista cubierta); cada una en su horario habitual.

  • Salidas Comedor: 15:15 y 16:00
  • Salidas Cóxegas: 17:00 y 18:00

Salida Cóxegas miércoles 22/06/2022

Por razones organizativas la salida de Cóxegas el día 22/06/2022 (18:00) será por el portalón del patio trasero y no por la puerta de enfrente.

Pedimos disculpas por las molestias que este cambio pueda causar.