Lembrámosvos que o próximo domingo día 30 de xullo é o derradeiro día tanto para as altas e renovacións de socios da ANPA como de comedor para o curso 2023-2024.
Nestas dúas publicacións tendes toda a información:
Entre hoy y el 30 de julio está abierto el plazo de alta y renovación para familias socias del AMPA Sal Lence durante el curso 2023-2024. En la APP Ampa Sal Lence, debéis cubrir los apartados «Formulario alta/renovación de socio» y «solicitar carnet socio».
El pago por familia será de 25€ y será obligatorio ser socios en caso de querer utilizar los servicios de comedor, madrugadores, cambiadores y actividades extraescolares.
Nº Cuenta: ES77 2080 0057 56 3040010824
Beneficiario: AMPA Sal Lence. En el caso de las renovaciones, a la hora de realizar la transferencia debéis indicar el número de familia socia que teníais durante el curso 2022-2023. En el caso de nuevas altas, poner el apellido de la familia
Os informamos de que contamos con una nueva vía de comunicación con las familias, la APP AMPAS, que podéis descargaros según las instrucciones que veis a continuación:
A partir de ahora, todas las comunicaciones se realizarán a través de la APP, dejándose de utilizar gradualmente el resto de vías.
O próximo 19 de maio a xunta da ANPA do CEIP Sal Lence convoca unha asemblea ordinaria.
Día: venres 19 de maio
Hora primeira convocatoria: 16:00h. Segunda convocatoria: 16:30h.
Orde do día:
1) Lectura e aprobación se procede da acta da asemblea anterior.
2) Aprobación da nova cota de socios da ANPA para o novo curso 2023-2024 e sucesivos a 25€ por familia.
3) Seguimento das actuacións para solucionar as deficiencias do centro educativo ante os organismos públicos Xunta de Galicia e Concello da Coruña.
4) Información comedor.
5) Exposición e debate das propostas achegadas polas familias (aquelas familias que teñan suxestións ou propostas para tratar neste punto poden envialas ao correo electrónico da ANPA antes do 16 de maio).
6) Rogos e preguntas.
Dada a importancia e relevancia dos temas a tratar esperamos contar coa presenza de todas as familias.
Lembramos ás familias que deben avisar se teñen algunha incidencia e non poden recoller á hora prevista ós alumnos, para tomar as medidas oportunas. De non notificar ao centro escolar, despois do tempo protocolario, darase aviso á policía para que se fagan cargo do menor.
Onte publicáronse as propostas gañadoras dos Orzamentos Participativos 2022 do Concello da Coruña e nesta ocasión non saíron adiante as dúas propostas de mellora do CEIP Sal Lence, xa que outro centro escolar dentro do mesmo distrito acadou máis votos para o seu proxecto de mellora.
A pesar de ser un cole pequeno, entre todos logramos un gran número de votos, polo que queremos agradecer a todas as familias do Sal Lence que apoiaron e compartiron as propostas. Tamén queremos felicitar a aqueles colexios que si resultados seleccionados nos Orzamentos Participativos para levar a cabo as melloras necesarias nos seus centros.
Coma ANPA, seguiremos tentando mellorar esa e outras deficiencias do centro escolar por todas as vías posibles, xa que o consideramos un dereito para os nosos fillos. e animámosvos a que o fagades de forma particular sempre que consideredes. Seguiremos pedindo colaboración cando sexa necesaria.