Horario definitivo actividades, comezan o 3 de outubro

Xa temos confirmación da Federación de ANPAs coas actividades que se porán en marcha a partir do próximo lunes, 3 de octubre.

De acordo aos criterios marcados, formarase grupo cando haxa un mínimo de 10 escolares por grupo de actividade. Con todo, co fin de favorecer novas inscricións e condicionado a poder alcanzar o número esixido, os grupos de 8 e 9 escolares comezarán igualmente a partir do 3 de outubro. En caso de non producirse novas altas o grupo causará baixa a partir de xaneiro.

Igualmente, se ao longo deste trimestre o número de escolares que acoden á actividade, quedasen por baixo do número mínimo necesario para comezar a actividade, daríase de baixa o grupo, tentado na medida do posible recolocalos noutra actividade acorde ao seu tramo de idade e horario.

  • Atletismo: fórmase un único grupo cos nenos de 3º a 6º de E.P. (luns e mércores de 16:00 a 17:00)
  • Proxectos: grupo unificado de toda E.P. (1º-6º).
  • Escape Room (4º-6º): non se chega ao número mínimo de escolares inscritos, xa que son 8. Con todo, a actividade comeza igualmente a partir do próximo luns, condicionada a que se cheque ao número de 10 inscritos para continuar a partir de xaneiro.
  • Escola de Maxia (4º-6º): non se forma grupo.
  • O resto de actividades ofertadas por Federación, Inglés e Judo saen según o horario inicial.