Patinaxe

Pedimos a todas as familias con nenos en patinaxe e prepatinaxe que, sempre que sexa posible por vir de fóra do colexio, traian postas de casas todas as proteccións (casco, xeonlleiras…), para aforrar tempo de preparación e ter máis tempo para a actividade.

Grazas a todos pola vosa colaboración.

Último día para apoiar as propostas de mellora

Hoxe día 18 é o último día para votar nos orzamentos participativos. Desde a ANPA, temos presentados dúas propostas para mellorar o centro escolar e teñen moitos apoios cidadáns, mais agora mesmo hai outras propostas dentro do mesmo distrito con moitos más votos cos do Sal Lence.

Todos debemos poñer da nosa parte para conseguir estas melloras no noso centro escolar, e para iso cada voto conta: pais, nais, avós, tíos, amigos, profesores e otros traballadores do cole… Todos os empadroados no Concello da Coruña poden votar.

As dúas propostas son as seguintes:

Por favor, apoiádeas e difundídeas para que se fagan realidade.

Apoio ás propostas para mellorar o Sal Lence

Lembramos ás familias da importancia de seguir votando e compartindo as propostas de mellora do centro escolar para lograr que saian adiante.

O próximo xoves 13 de outubro estaremos no local da ANPA de 16:00 a 18:00 para axudar a todos aqueles que non sepan como poden apoiar as propostas. Pasádeos se tedes dúbidas.

Portas acceso actividades

Detallamos as portas de acceso para as entradas e saídas das actividades extraescolares, desde o luns 3 de outubro en adiante.

Se hai dous ou máis irmáns, as saídas e entradas farase conxuntamente pola porta da actividade do máis pequeno.

  • Rúa Buenavista: Prepatinaxe, Patinaxe e Atletismo.
  • Porta principal Avenida de Oza (a do lado do comedor): Colorín Colorado, Comecocos, Proxectos (infantil), Predeporte, Xogos Rítmicos, Teatro
  • Porta escaleiras Avenida de Oza: Inglés, Judo, Proxectos (primaria), Ritmo, Baile Moderno, Xenios, Escape Room

Este reparto é provisional, poderá axustarse según as necesidades detectadas ao longo do curso.

Autorización Extraescolares Inglés con Nottingham

Lembramos a todas as familias con nenos que vaian acudir á actividade extraescolar de inglés con Nottingham, deben enviar por email o documento indicando as persoas autorizadas para a recollida dos alumnos.

As profesoras non coñecen a pais, nais, avós… Polo que nesta autorización deben estar incluídos todos eles.

Hai que envialo ás seguintes direccións de correo electrónico: admin@nottinghamenglish.com; nottinghamacademy@outlook.com

Débese achegar tamén a fotocopia do DNI das persoas autorizadas.

Por favor, dentro do posible intentade facelo entre hoxe e mañán, xa que a actividade dará comezo o próximo luns.

Horario definitivo actividades, comezan o 3 de outubro

Xa temos confirmación da Federación de ANPAs coas actividades que se porán en marcha a partir do próximo lunes, 3 de octubre.

De acordo aos criterios marcados, formarase grupo cando haxa un mínimo de 10 escolares por grupo de actividade. Con todo, co fin de favorecer novas inscricións e condicionado a poder alcanzar o número esixido, os grupos de 8 e 9 escolares comezarán igualmente a partir do 3 de outubro. En caso de non producirse novas altas o grupo causará baixa a partir de xaneiro.

Igualmente, se ao longo deste trimestre o número de escolares que acoden á actividade, quedasen por baixo do número mínimo necesario para comezar a actividade, daríase de baixa o grupo, tentado na medida do posible recolocalos noutra actividade acorde ao seu tramo de idade e horario.

  • Atletismo: fórmase un único grupo cos nenos de 3º a 6º de E.P. (luns e mércores de 16:00 a 17:00)
  • Proxectos: grupo unificado de toda E.P. (1º-6º).
  • Escape Room (4º-6º): non se chega ao número mínimo de escolares inscritos, xa que son 8. Con todo, a actividade comeza igualmente a partir do próximo luns, condicionada a que se cheque ao número de 10 inscritos para continuar a partir de xaneiro.
  • Escola de Maxia (4º-6º): non se forma grupo.
  • O resto de actividades ofertadas por Federación, Inglés e Judo saen según o horario inicial.

Actividades Extraescolares 2022-2023

Mostramos a continuación o horario provisional de actividades, pendente de revisión e confirmación por parte da Federación de ANPAs.

  • Escola de Maxia (4º-6º) non sae, por non formarse grupos
  • Atletismo: non se chega ao número mínimo de 10 inscritos nin no grupo 3º-4º nin no de 5º-6º E.P. Proponse formar un único grupo, cos nenos de 3º a 6º de E.P. Pendente confirmación por parte de Federación.
  • Proxectos: ao non chegar ao número de 10 inscritos na franxa 4º a 6º E.P., intentarase integralos xunto co grupo de 1º a 3º E.P. para formar un grupo unificado de toda E.P. (1º-6º). Pendente confirmación por parte de Federación.
  • Escape Room (4º-6º) pendente confirmación por parte de Federación de grupo, xa que non se chega ao número mínimo de escolares inscritos.
  • Inglés: confírmase a actividade para todas as franxas de idade. Dous grupos en E.I., 1º-2º e 3º-4º de E.P. Un único grupo en 5º-6º E.P.
  • O resto de actividades ofertadas por Federación e Judo saen según o horario inicial.

Se algunha familia está interesada en realizar algún cambio nas actividades de Federación, pode pórse en contacto en inscripcionesprogramaslecer@fedapascoruna.org ou nos teléfonos 649055939 – 698158503

Comunicación Jardanay menú lunes 26 de septiembre

Compartimos comunicación de Jardanay:

Buenas tardes,

Os informamos que por una avería en nuestras instalaciones vamos a tener que modificar el menú del lunes 26 de septiembre. 

El menú previsto para este lunes era:

Primer plato: arroz con champiñones y salsa de tomate

Segundo plato: filete de pollo a las finas hierbas con judías al vapor

Postre: fruta

Este menú se verá sustituido por:

Primer plato: crema de verduras

Segundo plato: filete de pollo a las finas hierbas con arroz al horno.

Postre: fruta.

Los menús del alumnado con alergias e intolerancias alimentarias también se adaptarán al cambio de menú.

A partir del martes 27 de septiembre, retomaremos el menú trimestral normal. 

Disculpad las molestias.

Un saludo y buen fin de semana