Desde a Consellería de Deportes do Concello da Coruña infórmannos do inicio do Programa de Natación Escolar en centros educativos públicos.
1. A Campaña de Natación Escolar, organizada polo Servizo municipal de Deportes, vai dirixida exclusivamente aos escolares do 2º ciclo de Ed. Primaria (3º e 4º curso) de Centros Públicos.
2. O número de prazas ofertadas é de dez.
3. A campaña levarase a cabo na Piscina de San Diego os xoves de 16:45 a 17:30 (recollida no Sal Lence 16:25, entrega 17:50)
4. O Servicio Municipal de Deportes, comunica que tentarase manter o horario indicado, podendo haber modificacións segundo as variacións que se poidan producir na matriculación do alumnado.
5. Tomarase o centro educativo como referencia para a recollida e entrega dos escolares ás familias. Para que se poida levar a cabo a actividade terase que facer responsable dos escolares un ou varios dos pais que leven ós seus fillos á actividade.
6. O custo por alumno é de 53,47€. Esta cota inclúe o traslado dende o centro e a cobertura sanitaria.
7. O prazo de inscrición para os escolares comeza o 12 e remata o 23 de setembro.
8. A inscrición e pago poderase realizar por orden de chegada, entregando a folla de inscrición debidamente cuberta nas oficinas do C.D.M. de San Diego. Achegarase tamén:
Copia do DNI do neno e, se non a tivese, copia do Libro de Familia.
Lembramos ós usuarios de comedor, incluídos os bolseiros, que deben aboar á empresa Jardanay o seguro de accidentes, cun importe de 8 euros ao ano por persoa. Este importe vai no primeiro recibo do curso; os bolseiros poden pagalo en man no comedor, daráselles recibo.
Hoxe, 12 de setembro, abre a inscrición para as actividades escolares, tanto as ofertadas pola Federación de ANPAS como Inglés e Judo. O último día é o 18 de setembro.
Nesta publicación anterior está o detalle da oferta, prezos e prazos:
Para este novo curso, no comedor escolar do Sal Lence retomamos a rutina do cepillado de dentes tras as comidas, tanto despois do almorzo (madrugadores) como do xantar. Para iso, todos os usuarios destes servizos deberán levar un estoxo pequeno con cepillo e pasta. Cada dúas semanas, o levarán a casa para a súa limpeza.
Ao igual que en cursos anteriores, tanto a entrada de madrugadores como as saídas do comedor efectuaranse pola porta principal. Os horarios son:
Madrugadores: de 07:30 a 9:00, hora tope de entrada para o almorzo 08:15. O peche de portas é ás 08:50.
Saídas do comedor: 15:15 e 15:45
Achegamos a continuación o menú do primeiro trimestre do curso escolar 2022-2023.
Lembrámosvos que o próximo luns día 5 de setembro é o último día de inscripción para os Conciliaxogos do mes de setembro que oferta no Sal Lence a empresa Xogos da Amizade: https://forms.gle/1wwuV2weNdm6eZY69
De luns a venres, desde o 8 ao 30 de setembro
Horario: 16:00 a 18:00 (opción de unha ou dúas horas).
Prezo:
16:00 a 17:00: 20€
16:00 a 18:00: 38€
Seguro de accidentes (obrigatorio): 3€
Para poder participar, é requisito imprescindible ser socios da ANPA. https://bit.ly/ficha_socio
Publicamos a continuación a proposta provisionalde actividades extraescolares deseñada para o curso escolar 2022-2023.
Estas actividades realizaránse desde octubre 2022 a maio 2023. Lembrámosvos de novo que, para participar nelas, as familias deben ser socias da AMPA.
As actividades extraescolares divídense en tres grupos: Educación Infantil, 1º-3º Educación Primaria e 4º-6º Educación Primaria. Só hai dúas excepcións: Atletismo e Inglés, nas que consideramos que a diferencia de idade pode ser importante e separamos en catro grupos: E.I., 1º-2º E.P., 3º-4º E.P. e 5º-6º E.P. No caso de non haber suficientes inscricións para formar grupo nalgunha destas actividades, pódense reubicar aos nenos noutros grupos de idade similares, previa comunicación coas familias.
Cotas mensuais a aboar por alumno (por transferencia mensual á academia):
Os alumnos de 5º e 6º de infantil poderán escoller entre unha e dúas horas semanais. Os de 4º de infantil só terán a opción de unha hora e os de primaria só poderán escoller dúas horas.
Unha hora semanal: 25€
Dúas horas semanais: 40€
Seguro incluído no prezo
JUDO
Impartido por Judo Club Coruña.
Alumnos de 5º e 6º de infantil e primaria.
Prazo: desde hoxe ata o 18 de setembro.
As familias interesadas deberán imprimir e cubrir o seguinte pdf e deixalo no buzón da ANPA.
Dúas horas semanais: 29€ + licencia anual da Federación Galega de Judo (consultar con Judo Club Coruña).
Mínimo 10 escolares para formar grupo. De non chegar a este número, a actividade non se ofertará finalmente.
Cotas trimestrais a aboar por participante e actividade (condicións especiais para os bolseiros de comedor):
Período outubro-decembro: 15€
Período xaneiro-marzo: 15€
Período abril-maio: 10€
O pago das actividades farase por cargo na conta bancaria por parte da Federación.
Todos os escolares inscritos (incluídos os bolseiros) aboarán unha única cota anual de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura a todos os programas de lecer xestionadas pola Federación de Anpas para o curso 22/23. O pago do seguro realizarase por cargo na conta bancaria.
Algunhas das novidades deste curso son:
COLORÍN COLORADO. Contacontos
Actividade de contacontos que fomenta o gusto pola lectura á vez que potencia a imaxinación, curiosidade e a creatividade introducíndoos noutros mundos: reais ou fantásticos. Os contos, historias ou poemas permitirán expresarnos oral e corporalmente; inventando e recreando novos contos e personaxes, apropiándonos das palabras e desenvolvendo así valores estéticos e éticos.
COMECOCOS (E.I.) e XENIOS (E.P.). Xogos de Lóxica Matemática
A través da variedade de xogos de lóxica matemática como crebacabezas, ilusións ópticas, parellas, enigmas ou xogos de taboleiro, desenvolveranse habilidades cognitivas como a observación, atención, comprensión, memoria, organización, toma de decisións, xestión emocional e velocidade de pensamento.
XOGOS RÍTMICOS (E.I) e RITMO (E.P).
Propostas lúdicas relacionadas co ritmo, a música e o movemento.
PROXECTOS. Traballo multidisciplinar por proxectos.
É unha actividade na que partindo dun centro de interese, os nenos xerarán a súa propia aprendizaxe a través da indagación/investigación e experimentación, fomentando á vez o espírito crítico e o traballo en grupo. Desenvolveranse diferentes contidos coma a expresión plástica, musical, corporal e teatral, a animación á lectura, a lóxica matemática, a actividade motriz, etc. A temática cambiará cada trimestre.
Hoxe comeza a inscrición para os Conciliaxogos do mes de setembro que oferta no Sal Lence a empresa Xogos da Amizade: https://forms.gle/1wwuV2weNdm6eZY69
De luns a venres, desde o 8 ao 30 de setembro
Horario: 16:00 a 18:00 (opción de unha ou dúas horas).
Prezo:
16:00 a 17:00: 20€
16:00 a 18:00: 38€
Seguro de accidentes (obrigatorio): 3€
Para poder participar, é requisito imprescindible ser socios da ANPA. https://bit.ly/ficha_socio
Teredes de plazo para apuntar aos vosos nenos desde hoxe ata o 5 de setembro.
Informámosvos de que a Federación de ANPAS non ofertará o programa Cóxegas no mes de setembro. No seu lugar, as familias do Sal Lence que o desexen terán a opción de conciliación no colexio coa empresa Xogos da Amizade.
De luns a venres, desde o 8 ao 30 de setembro
Horario: 16:00 a 18:00 (opción de unha ou dúas horas).
Prezo:
16:00 a 17:00: 20€
16:00 a 18:00: 38€
Seguro de accidentes (obrigatorio): 3€
Inscrición do 22 de agosto ao 5 de setembro
Para poder participar, é requisito imprescindible ser socios da ANPA. https://bit.ly/ficha_socio
A partir de o mes de outubro darán comezo as actividades extraescolares, ata maio de 2023.