Onte publicouse no taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña o anuncio relativo á proposta provisional de concesión de bolsas para o pago de comedores escolares no curso escolar 2022/2023.
As persoas beneficiarias e interesadas poderán facer alegacións e aportar documentos do 12 ao 26 de xullo (ambos os dous incluídos).
As alegacións poderán presentarse:
- De xeito presencial: Nas oficinas dos Rexistros municipais de María Pita, Ágora, Fórum, Mesoiro e a Franxa con CITA PREVIA 2
- De forma telemática ou electrónica: Na sede electrónica do Concello da Coruña: https://sede.coruna.gal/sede/gl
- Por calquera outro medio dos que permite o artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas